O grupo familiar Mamá Cabra abre o ano presentando “Bicos de música” Nas Pontes

O grupo familiar Mamá Cabra abre o ano presentando “Bicos de música” Nas Pontes
o grupo, actuando ante os nenos o pasado ano d.a.

“Bicos de Música” (Editorial Galaxia) é o máis recente traballo do grupo Mamá Cabra, unha obra didáctica para toda a familia pero especialmente dirixida aos máis pequenos. Así, ás 18.00 horas de hoxe o grupo actuará na Casa Dopeso das Pontes. As entradas para o concerto teñen un prezo de 3 euros para os adultos e 1,5 para os pequenos. Apoiándose nun guión cómico, no que cada un dos músicos pasa a desenvolver un diferente rol, conseguen que as presentacións e as interpretacións sexan moito máis divertidas.

Ata hoxe Mamá Cabra ten publicado sete traballos e habitualmente manexa dous espectáculos ao vico: “Ola, ola, la!” e “Cantos pequenos”. Trátase de exercicios que soen mesturar poesía, pezas do folclore e temas propios, cun enfoque lúdico, participativo e didáctico moi do gusto dos máis pequenos.

 

compoñentes

Na actualidade a formación está composta por Pablo Dalama Piñeiro (frautas, gaita, saxofón); Paco Cerdeira Castiñeiras (guitarra eléctrica); o fenés Diego Maceiras Pedreira (acordeón, acordina); Rodrigo López Muñoz (batería e percusión); Tomi López Serrano (baixo eléctrico e guitarras); Paula Romero Canedo (coro); Sandra Romero Canedo (coro); Montse Rivera Crespo (coro); Merchy Rozas (coro); Miguel Flores (coro); e Gloria Mosquera Roel (voz).

O grupo familiar Mamá Cabra abre o ano presentando “Bicos de música” Nas Pontes

Te puede interesar