Afundación ofrece en febreiro un curso de iniciación ós drons

Afundación ofrece en febreiro un curso de iniciación ós drons
GRA276. CÓRDOBA, 13/11/2014.- Un expositor prepara el vuelo de un dron durante la inauguración hoy en Córdoba de la Feria de la Innovación Rural (Fimart), un certamen con carácter nacional que reúne hasta el s&aac

Un obradoiro de iniciación ós drons será a principal novidade da oferta formativa de Afundación en Ferrol para o primero trimestre do ano. Desenvolverase os días 6 e 7 de febreiro, cunha duración total de doce horas e un prezo de 120 euros. Os contidos centraranse na explicación da orixe e historia dos drons, incluíndo os seu uso militar ou na ciencia ficción, a lexislación que rexe sobre o tema, explicacións básicas sobre o seu funcionamento e as aplicacións que se lle poden dar e a gravación en vídeo con tomas áereas. Inclúe prácticas sobre simulador e a posibilidade de voo real para os alumnos que superen as probas previas.
O docente desta iniciativa será Juan Carlos Ojea Castro, realizador de documentais e reportaxes publicadas no Youtube con experiencia de voo de máis de 300 horas. As incricións (un máximo de dez) poden facerse a través da web www.servinova.com.
O obradoiro de iniciación á fotografía e á edición dixital (Photoshop) comezará o 21 de xaneiro e durará ata o 4 de marzo. Impartirase cada mércores, de sete a nove da tarde, e a profesora será María Loureiro. Neste caso o prezo para as doce horas totais de formación é de 60 euros. Os alumnos deben ter cámara (profesional ou non) e un ordenador portátil. Os contidos do curso centraranse no funcionamento das cámaras e as posibilidades de edición dixital, así como os tipos de fotografía e como eliminar imperfeccións. Haberá un importante contido práctico.
Outra das actividades que propoñen desde Afundación é un obradoiro de pintura para persoas adultas a cargo tamén de María Loureiro. Desenvólvese os martes e xoves, de sete a nove da tarde, e pódese elixir entre acudir un día á semana (27 euros) ou dous (54 euros). Esta proposta, que comezou en outubro, finaliza en maio e as persoas interesadas poden acudir por meses independentes. O programa inclúe técnicas e trucos para perfeccionar o trazo, construción de perspectiva e profundidade e mestura de cores. O obxectivo é conseguir pintar un cadro ó final do mes. Cando remate o curso farase unha exposición no propio centro sociocultural.

cociña
De cara á Semana Santa, e xa orientado ós máis pequenos, repetirase o obradoiro de cociña que tan boa resposta ten durante as vacacións escolares. Coellos de Pascua, un pastel de cenoria e uns capuchóns de azúcar e chocolate formarán parte deste gorentoso menú.

Afundación ofrece en febreiro un curso de iniciación ós drons

Te puede interesar