Os contos de toda a vida desembarcan no Festival de Narración Oral de Narón

Os contos de toda a vida desembarcan no Festival de Narración Oral de Narón
anabel alonso, acompañada de eduardo estévez, presentou e narrou as historias de “café só” d.a.

Narón é un pobo irmanado coa fantasía grazas ao labor de cinco dos mellores contacontos de España e Latinoamérica que inauguraron onte a IV edición do Festival Internacional de Narración Oral. A cita está organizada polo Padroado de Cultura e conta cun programa de actividades moi descentralizado.

Na primeira xornada do evento, diversos centros sociais do concello (O Val, Xuvia, Sedes) acolleron ao galego Avelino González, á peruana Marissa Amado, á cubana Coralia Rodríguez, ao andaluz Pepe Maestro e ao valenciano Félix Albo, todos eles contacontos e actores dun recoñecido prestixio. Este último imparte desde o pasado xoves e ata hoxe un curso de narración oral aos estudantes da Escola de Teatro de Narón.

 

máis historias

Na xornada de hoxe, a partir das 11.30 horas, o centro cívico de San Mateo acollerá o espectáculo “Contos en familia”, coa actuación dun dos participantes do festival, Pepe Maestro. Á mesma hora, pero na ludoteca municipal do barrio da Solaina, estará narrando as súas historias a cubana Coralia Rodríguez.

Como remate a esta segunda xornada, e ao propio festival, os contacontos levarán a cabo unha intervención oral e colectiva que se celebrará no Pazo da Cultura a partir das 20.00 horas. Nela estarán tódolos protagonistas do programa: Pepe Maestro, Avelino González, Coralia Rodríguez, Marissa Amado e Félix Albo.

O espectáculo durará ao redor de hora e media e o prezo das entradas é de 9 euros para o público en xeral, mentres que para os abonados será de 6,30 euros, e de 5 para os estudantes e os posuidores de Carné Xove.

 

Os contos de toda a vida desembarcan no Festival de Narración Oral de Narón

Te puede interesar