Solla califica aos concellos “rebeldes” como básicos para o cambio histórico

Solla califica aos concellos “rebeldes” como básicos para o cambio histórico
A alcaldesa, Pilar Díaz, foi a encargada de presentar a celebración no Cantón de Cora | daniel alexandre

“A día de hoxe os concellos do cambio e rebeldes, constantemente atacados e estrangulados, son os concellos do cambio histórico”. Así manifestábase a coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, durante o acto co que a súa formación festexou onte en Mugardos o Día de Galicia. “Compre resaltar o traballo posto en marcha polas compañeiras e compañeiros desde o ano 2015, por esa aposta por reclamar o papel dos concellos dentro do modelo que defendemos”, sinalou Solla que estivo acompañada no acto pola alcaldesa de Mugardos e o alcalde de Ferrol, Pilar Díaz e Jorge Suárez, ademáis do membro da dirección EU, Carlos Portomeñe.
Foi Pilar Díaz, como anfitriona, a encarga de presentar o acto, mencionando a importancia de adicar o día “ao traballo que se fai nos muncipios, onde se comeza a construír a República, tamén a comunidade, e onde tamén se comeza a construír dereitos sociais para termos unha vida mellor”. Díaz tamén tivo palabras de agradecemento a Esquerda Unida por teren escollido unha vez máis Mugardos como escenario da celebración, “a idea de celebrar aquí un acto que reivindica a importancia de seguir a pular pola República na que cremos”.
Na mesma liña se pronunciou Jorge Suárez quen destacou “a importancia de seguir a pular polos dereitos dun país; e facelo, dende posturas e palabras que semellan hoxe proscritas, como o republicanismo, a loita de clases, ou o dereito dos pobos a defenderse das agresións”, dixo, para engadir que “ver tanta xente hoxe debe encher de orgullo a todos os que loitaron no ámbito político e sindical para que hoxe poidamos estar aquí e seguir a pular pola creación de República, coa que finalmente venceremos”.
Tamén Carlos Portomeñe, na súa intervención gabou o traballo que se fai dende os municipios . “Os compañeiros están facendo un traballo moi bo como o Prieto Balsa, homenaxeado no ano pasado, presente e querendo ser futuro, aínda que asumindo moitos retos, como o fascismo que se abre camiño e percorre Europa”, puntualizou.
Ao termo das intervencións, os participantes gozaron dun xantar lúdico e popular. l

Solla califica aos concellos “rebeldes” como básicos para o cambio histórico

Te puede interesar