O médico Melchor Álvarez de Mon presenta este venres o número XV da Revista de Neda

O médico Melchor Álvarez  de Mon presenta este venres  o número XV da Revista de Neda
a casa da cultura volverá acoller o acto luis polo

O próximo venres ás 20.00 horas a Casa da Cultura nedense acolle a presentación dun dos seus seguros orgullos, a Revista de Neda, o seu anuario cultural. O acto estárá presidido polo alcalde, Ignacio Cabezón, e contará coa presenza do prestixioso médico Melchor Álvarez de Mon, Premio Nacional de Medicina.
A Revista de Neda está estruturada en tres partes: biografías, homenaxes e lembranzas; humanidades, e ciencia e técnica. Neste número conta cunha vintena de sinaturas colaboradoras, unhas de carácter anónimo e, entre as que non o son, destacan José Carlos Luaces Vázquez, Fernando Cendán Pazos, Juan José Rodríguez de los Ríos, Manuel Castro López, J. Alvaro Porto Dapena, Carlos Castro Casal, José Carlos Romero Veiga, Vicente Araguas, Iago Ferrer e Bosquina Pérez, Manuel A. García Lamas, Sandro A. Basoa Navarro, Elisa Ferreira Priegue, Francisco Sayáns Gómez, Francisco Javier Pérez Suárez e Natividad Villaamil Abad.
A Revista de Neda nacía hai quince anos para dar a coñecer e pór en valor o amplo legado que deixara á súa morte o cronista oficial da vila, Antonio Vázquez Rey. A publicación era o xeito do Concello de homenaxealo. Unha edición que tamén se abriu á participación de todo aquel que tivese algo que contar. Quince anos despois, Neda aínda trata de promover a difusión do seu patrimonio.
O acto contará nesta ocasión cunha despedida musical, a que protagonizará a solista canadiana Julie Guravich, que ofrecerá un concerto acompañada polo guitarrista Cabe García.

presentador de prestixio
Licenciado en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Navarra, onde anos máis tarde obtivo o doutoramento, o nedense Melchor Álvarez de Mon Soto desenvolveu unha intensa actividade académica toda vez que, dende que comezou como médico interno e residente en Madrid, pasou a ser profesor titular na Fa-cultade de Medicina da Universidade de Alcalá de Henares, onde ocupou varios cargos e onde é catedrático desde o ano 1991.
Premio Nacional de Medicina, exerceu de profesor visitante en varios países, especialmente en Estados Unidos (universidades de Texas, California, Stanford, Rochester, Pensilvania e Clínica Mayo). É patrono de varias Fundacións hospitalarias, investigador, con tres sexenios de investigación recoñecidos e, dende 2003, exerce como xefe do Servizo de Enfermidades do Sistema Inmune e de Oncoloxía do Hospital Príncipe de Asturias, de Alcalá de Henares. É director da Revista Clínica Española así como doutras americanas, publicando máis de 350 traballos científicos e de investigación. Foi o editor de 15 libros, así como algo máis dun centenar de artigos en revistas internacionais da súa especialidade.

O médico Melchor Álvarez de Mon presenta este venres o número XV da Revista de Neda

Te puede interesar