Fernández Toxo: “A memoria sindical non estivo nunca nas prioridades de ningún dos gobernos deste país”

Ignacio Fernández Toxo xa estaba inmerso na loita sindical cando aconteceron os sucesos de marzo de 1972. Onte lembraba o exemplo de Aneiros e de todos os que nesa época se posicionaron contra a ditadura.

Que significa Julio Aneiros para o movemento sindical?
Representa o mellor da clase obreira deste país, era un referente na Bazán, foino en Ferrol e no conxunto de Galicia pero trascendeu as fronteiras e éo do sindicalismo daquela etapa dos 70, aínda que el vén de máis atrás e alumbrou as Comisión Obreiras, un xiro ao sindicalismo moderno no noso país. É un referente de integridade.

Non é habitual que se lle dedique unha rúa a un sindicalista.
A verdade é que non, pero neste caso se alguén a merecía era Xulio Aneiros.

Recoñécese en España o papel dos traballadores na chegada da democracia?
Desde logo que non. España ten un problema de memoria. Todavía segue habendo miles e miles de persoas soterradas nas cunetas cos familiares tentando lograr que teñan un recoñecemento, un enterro digno. E a memoria sindical, desde logo, non estivo nunca nas prioridades deste país, de ningún dos gobernos, e en momentos como este cómpre recordar que sen sindicatos clandestinos, na estapa dos 60 e 70 fundamentalmente, España tardaría máis e chegaría peor á democracia do que tardou e chegou. Foi o movemento obreiro en alianza cos movementos estudiantís da época, quen fixo posible aquel tránsito difícil, porque aínda que o dictador morreu na cama a ditadura morreu nas rúas e a partires das mobilizacións.

E cal é o recoñecemento do sindicalismo actual, cuestionado pola crise?
O traballo como tal deixou de ser o elemento central para a organización da sociedade. No caldo de cultivo dunha crise tan drámatica, no noso país primou a cultura das finanzas, a individualización da sociedade, unha transformación negativa. O estado de benestar, o modelo social español, os dereitos laborais e o dereito ao traballo estaban intimamente asociados á idea da sanidade pública universal, do ensino público, da atención ás persoas dependentes, das pensións públicas. Se o traballo e as organizacións dos traballadores perden ese centro como eixe de organización da sociedade, só se pode retroceder. Como os dereitos non se herdan senón que hai que defendelos tódolos días, hoxe ten máis sentido que nunca o sindicalismo. n m.j.r.

Fernández Toxo: “A memoria sindical non estivo nunca nas prioridades de ningún dos gobernos deste país”

Te puede interesar