Leo González fixo onte posible que a “II Xornada de Xogos Romanos en Familia” fose todo un éxito. As familias acudiron pola tarde para pasar un bo rato cos cativos. Os pais xogaban e rían cos antigos inventos que na antiga Roma e Grecia argallaban nos seus grupos de lecer. Dende fai moitos séculos as civilizacións xa tiñan xogos, moitos deles de índole físico ou intelectual. Pero, agora moitas das actividades lúdicas teñen a súa orixe nestas prácticas primarias, aínda que hai xente que o descoñeza.
Leo González conta de primeira man como foi este segundo encontro e as experiencias que os máis pequenos viviron xunto con amigos e familiares.
Por que xurdíu esta iniciativa?
Principalmente do que se trata e de recuperar unha serie de xogos e deportes, ademais de disciplinas físicas que se practicaban en Grecia e tamén en Roma. Máis que nada para que a xente aprenda un pouco como eran este tipo de actividades da antiguedade romana. Hainas de variado tipo, algunas son coñecidas e outras non tanto.
Que tipo de xogos realizaronse onte no Caldoval?
Tivemos algunha disciplina olímpica como é o lanzamento de peso que se practicaba en Grecia. Tamén hai xogos infantís, moitos deles practicábanse utilizando como fichas noces; de feito, había unha expresión en latín que viña sendo que deixar as noces era como terminar o periodo da infancia e comezar na idade adulta. Entón xogaron con noces ao xogo da letra Delta que é unha letra dibuxada no chan e a idea é tirar noces dentro das casiñas, canto máis pequenas máis puntos levaban. Outro típico da época romana era o tres en raia, que chega ata os nosos días pero ten moita historia. É un xogo de taboleiro, pero nós fixémolo no exterior cos corpos dos participantes coma fichas. E o Trigón é o nome dun dos xogos realizados, básicamente eran tres xogadores dispostos nun triángulo e tiñan que pasarse a pelota entre eles e perdía o que caía no chan. Foi un entretemento moi popular na época do Emperador Augusto, el mesmo era un apaixoado. E por último, tivemos a opción de facer esgrima cunhas espadas romanas que temos unhas reproduccións pensadas para que non fagan dano.
Na Roma Antiga había moito gusto polo azar. Tiveron algún xogo deste tipo?
Sí, fixemos actividades místicas, pois por aquel entón era moi típico o tema das pitonisas e tiñan varias técnicas, canto menos peculiares para saber o que socedería nun futuro. Un deles era tirando unhas táboas que facían coas vértebras dos carneiros e das ovellas. Lanzándoas segundo a posición na que queden teñen unha puntuación ou outra, e o resultado da adiviñación do futuro da persoa que facía a tirada podería variar e apreciarse nelas. Pode ser bo ou malo, as veces o vaticinios das pitonisas non son fáciles de interpretar, son un pouquiño críticas. Estos son algúns dos que temos pero cada grupo fará o que máis lle guste en calquera dos casos.
Os xogos estiveron no exterior do museo?
Sí, aprobeitamos o bó tempo e realizamos todas as actividades na cancha de xogos romanos que instalamos nos arredores do inmoble. Tamén temos alí cartéis onde aparecen as regras dos xogos y logo dous monitores que coordinaron os equipos para ver como se xogaba e facelo dunha forma práctica.
Como presentaron este tipo de xornadas?
Está pensada para nenos e adultos, unha xornada familiar na que todos aprendan ao mesmo tempo que se divirten. Temos opcións para todas as idades por eso non puxemos límites nos anos, dado que os hai sinxelos e máis complexos e cada quen decide libremente.
Só o fan unha vez o ano?
Sí, realizamos un encontro deste tipo que o solemos concretar en verano. Pero realmente hai dúas, este ano fixemos unha actividade diferente con distintos xogos que incluimos o “I Ludi Mugardensi” al que acudieron más de 200 alumnos para recrear actividades deportivas romanas. El Concello de Mugardos se volcó con la iniciativa y fue todo un éxito. Pero, a cancha de xogo está aberta durante todo o ano. Simplemente a xente que queira ir ten que pedirnos as ferramentas para xogar.
Durante os meses de verán as persoas interesadas en ver o Centro de Interpretación Caldoval tamén poderán facelo en horario de 10.30 horas a 14.00 horas e de 16.30 horas a 20.00 horas, de martes a domingo. E ao mesmo tempo terán talleres didácticos.