Narón cítase desde mañá co “Xuviño Gastronómico”

Narón cítase desde mañá co “Xuviño Gastronómico”

O paseo marítimo de Xuvia será mañá e o domingo o escenario do “Xuviño Gastronómico”, un  evento organizado polo Concello de Narón que reunirá na localidade a distribuidoras de viños de recoñecidas bodegas do país e tamén, por primeiro ano, a cinco “food trucks”. A cita incluirá tamén un mercadillo con  corenta postos de venda –abrirán ás 10.00 horas– no que se poderán adquirir diferentes produtos, entre eles os da cooperativa do Val, como os pementos.
O programa será inaugurado o sábado, ás 12.00 horas, cun acto no que tomarán parte o alcalde, José Manuel Blanco, e a concelleira de Feiras e Mercados, Mar Gómez, que onte presentou a iniciativa. 
Os visitantes poderán escoller entre medio cento de caldos de denominacións de orixe como Ribeiro, Ribera del Duero, Alvariño, Rioja ou Mencía, entre outras, que traerán as distribuidoras. O custe das copas será de 1,50 euros e venderanse tickets a dous euros para poder degustar diferentes viños.

"food trucks"
Os stands dos bodegueiros e das “food trucks” abrirán ás 12.00 horas. Entre os “restaurantes sobre rodas” atópanse “La Camioneta” (Narón), “La Suprem By Torre de Núñez” (Lugo); e o “Grupo Beyma” (Neda). Haberá tamén dous postos de polbo.
Entre as 14.00 e as 15.00 haberán sesión vermú, e a partir das 19.00 horas un concerto.

pena molexa
Outro dos puntos de interese da xornada de mañá, sábado, no concello de Narón estará na parroquia do Val, no lugar de Vilasuso, onde terá lugar a tradicional recreación das Lendas da Pena Molexa.
O programa comezará ás 18.00 horas cunha xornada de xogos populares e deporte rural. Ás 20.30 horas actuará o grupo de gaitas do Padrado da Cultura e desde as 21.00 horas serviranse as primeiras racións de “churrasco molexo” e “bocata lopeso”. Ás 22.30 horas comezará o concerto do grupo folk Zoadeira.
A traicional recreación das lendas arracará ás 00.00 horas cunha representación teatral do alumnado de Silvia Casal para seguir ás 00.30 horas cunha repichoca do Dúo Boreal e unha lumeirada.

Narón cítase desde mañá co “Xuviño Gastronómico”

Te puede interesar