Narón dá os primeiros pasos para a contratación do Plan de Mobilidade

Narón dá os primeiros pasos para a contratación do Plan de Mobilidade

O goberno naronés cambiará os usos de parte da modificación de crédito de 3,6 millóns de euros que se aprobou en xullo. Faino para transferir un total de 190.445 euros que servirán para a contratación do Plan de Mobilidade (60.500 euros), a sinatura de convenios con entidades deportivas (30.000 euros para o Club Cidade de Narón e 15.095 para o Club de Baloncesto Santiago Apóstol), a instalación dunha rampa na antiga escola de San Mateo (15.000 euros) ou o pinado e o zócalo do Pazo da Cultura (13.000). Tamén se destinan 6.000 á area de Bibliotecas e se reservan o resto para proxectos diversos.
Estes cartos saen das partidas destinadas á amortización de débeda (que contará con 70.444 euros) e do plan de mellora de servizos e pavimento de rúas (que se reducirá en 120.000 euros).
A contía desta operación, segundo o concelleiro de Xestión Orzamentaria, Pablo Villamar, “aínda que poida parecer pequena ten bastante importancia, porque vai permitir atender a unha serie de convenios deportivos e realizar pequenas actuacións, pero para min o máis destacable é que vai dar inicio á contratación do Plan de Mobilidade, que é un dos grandes compromisos do goberno de Narón para este mandato”.

Narón dá os primeiros pasos para a contratación do Plan de Mobilidade

Te puede interesar