Narón homenaxea a Rosalía de Castro con actos na Biblioteca

Narón homenaxea a Rosalía de Castro con actos na Biblioteca
A actriz Flor Maceiras intervén na homenaxe a Rosalía en Narón

A Biblioteca municipal onte o primeiro dos actos organizados polo Concello para conmemorar o Día de Rosalía de Castro, coincidindo co 180 aniversario do nacemento da poetisa galega.

A concelleira de Bibliotecas, Mercedes Taibo, iniciou o evento dando a benvida a todas as persoas que acudiron á convocatoria, e, de xeito especial, á convidada de honra deste ano, Flor Maceiras, actriz e directora da Escola de Formación de Actrices e Actores do Padroado da Cultura de Narón.

Foi Maceiras quen leu o manifesto que a Asociación de Escritoras e Escritores en lingua galega redactou para a xornada de hoxe, tal e como recordou Taibo. Ao acto acudiron o alcalde, José Manuel Blanco, representantes de varios partidos da corporación local e tamén de entidades veciñais da localidade.

A edil de Bibliotecas destacou a figura de Rosalía de Castro, “a escritora máis representativa da lingua e literatura galegas” e recordou que o seu libro Cantares Gallegos foi “o primeiro escrito integramente no noso idioma e sinala o inicio da restauración do uso escrito do galego e o final dos séculos de silencio e esquecemento”. O traballo de Rosalía en defensa da lingua galega foi outro dos aspectos resaltados por Taibo.


A continuación, foi Flor Maceiras a encargada de dar lectura ao manifesto da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. Unha emocionada Flor Maceiras comezou a lectura do documento, no que se ensalzaba a figura de Rosalía, “como unha muller do século XIX que se aferra ás palabras sen complexos e fai con elas o que o corazón lle pide”.

Pola súa banda, Potedeume acolle hoxe, ás 13.30 horas, un acto de homenaxe á poetisa galega na praza que leva o seu nome con actuacións musicais.

Narón homenaxea a Rosalía de Castro con actos na Biblioteca

Te puede interesar