Texto íntegro de la carta abierta de los comités de empresa de Navantia en Ferrol y Fene al presidente de la Xunta:
Sr. D. Alberto Núñez Feijóo
NAVANTIA FENE-FERROL, a 7 de maio de 2013
Os Comités de Empresa de Navantia, delegados e delegadas representantes dos traballadores e traballadoras da Industria Auxiliar, que desde fai mais de dous anos participamos activamente na procura de ocupación estable para os nosos centros de traballo e así evitar máis destrucción de empregos, queremos facerlle partícipe das nosas preocupacións e xustas demandas.
Atopámonos nunha situación que vostede coñece de primeira man, non só polas comunicacións remitidas desde os Comités de Empresa de Navantia Fene-Ferrol, senón tamén polo proxecto do DIQUE FLOTANTE avalado pola súa Consellería de Industria, polas diferentes iniciativas tratadas e/ou as resolucións adoptadas no Parlamento de Galicia respecto ao sector naval.
Xa non abondan as declaracións de boas intencións nin os actos de Fe, o noso futuro e o de milleiros de familias desta comarca esixe o cumprimento de compromisos concretos e a toma de decisións políticas firmes e útiles, é por iso que nos diriximos a vostede coa intención de:
1.-Á maior brevidade posible, esta representación sindical e vostede, podamos manter unha xuntanza formal na que abordar os asuntos que son de interese común, referidos estes á carga de traballo, alianza estratéxica Xunta - Pemex e futuro dos estaleiros públicos de Navantia Fene – Ferrol.
2.-Desde a Xunta de Galicia que preside interveña e adopte medidas concretas en favor de:
a. A construcción urxente do Dique Flotante.
b. Inicio da obra do Flotel para Pemex.
c. Levantamento do veto á construción civil
3.- Interceda ante o Goberno de España para que contrate a fragata F106 ou similar para Armada Española, compromiso suxeito aos acordos asinados por SEPI e Sindicatos e revalidado polo actual Presidente do Goberno no discurso de investidura.
Sen outro particular, reciba un cordial saúdo.
Fernando Sinde Alonso. Presidente do Comité de Empresa Navantia-Ferrol
Jorge Prieto. Presidente do Comité de Empresa Navantia Fene