O campus abre mañá as Xornadas Literarias de Neda adicadas a Manzoni

As XII Xornadas Literarias de Neda, adicadas este ano ao autor italiano Alessandro Manzoni, ábrense mañá ás 20.00 horas no campus de Esteiro. Trala presentación do evento levarase a cabo a primeira conferencia que, baixo o título “Alessandro Manzoni e a poética da verdade”, correrá a cargo do profesor Giovanni Albertocchi, da UDG. A entrada é libre e gratuíta.
Xoves e venres, ás oito da tarde como hora de comezo, as xornadas trasladaranse á Casa das Palmeiras. Así, o xoves repetirá como ponente o profesor Giovanni Albertocchi, coa conferencia “Os noivos: a construción da novela histórica”. E, a continuación, José Manuel Sande, programador do CGAI e especialista en cine e literatura, falará sobre “Manzoni no cine”. Ao seu remate, está programado un coloquio, que precederá á proxección do filme “I promesi sposi”, de Mario Camerini (1941).
O venres retomaránse as xornadas da man do clube de lectura do IES Fernando Esquío e o seu tributo ao autor italiano: “¡Evviva Manzoni!”. De seguido, o tradutor Xavier Rodríguez Baixeras abordará “Algúns aspectos en torno á traducción galega de Os noivos”. Tralo coloquio co público, os asistentes poderán gozar da música italiana do século XIX da man do violinista Enrique Agrelo e do pianista Andrés Pazos.
Paralelamente á celebración das xornadas literarias, a Biblioteca Municipal de Neda albergará unha mostra bibliográfica baixo o título “80 autores da literatura italiana”, aberta a todo o público. Así mesmo, a Embaixada italiana dará a coñecer o país mediante unha exposición, tamén no centro de lectura, con libros, CDs, DVDs, guías e planos. n

O campus abre mañá as Xornadas Literarias de Neda adicadas a Manzoni

Te puede interesar