Aberto o prazo para participar no II Certame Literario “Carmela Loureiro” dirixido a estudantes

Aberto o prazo para participar no II Certame Literario “Carmela Loureiro” dirixido a estudantes
premios certamen literario Carmela Loureiro

O alumnado dos centros de ensino non universitario –Primaria, Secundaria, Bacharelato e ciclos formativos– de Ferrol e daqueles outros da comarca que forman parte da Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra son os destinatarios do II Certame Literario “Carmela Loureiro”.
Promovido pola devandita entidade xunto á area de Normalización Lingüística do Concello de Ferrol –á fronte da cal está o concelleiro Álvaro Montes–, a convocatoria serve de homenaxe “a unha muller, profesora, presidenta da CENL durante anos –ata o seu pasamento en 2014–, que adicou o seu tempo e o seu saber á lingua e aos máis novos”.
Para a Coordenadora, a súa traxectoria persoal e profesional “é un exemplo do labor anónimo e xeneroso de moitos profesionais no ensino na difusión da cultura e do idioma entre a mocidade”.
A edición deste ano inclúe, como novidade, unha terceira categoría, a de microteatro –neste caso só dirixida ás etapas de Bacharelato e ciclos de FP–, que se suma así ás de micorrelatos e micropoesía que xa se desenvolveron o pasado ano –esta dúas modalidades están abertas a todos os niveis educativos–.

Fases
O desenvolvemento do certame consistirá nunha primeira fase interna nos propios centros –cuxo prazo de presentación de traballos concluirá o 6 de novembro– e unha segunda intercentros, que rematará o 16 de decembro.
Os gañadores de cada categoría en cada unha das modalidades recibirá como premio unha tablet.
A primeira edición do certame, que tivo un excelente respaldo, contou ademais con traballo dun gran nivel e calidade, tal e como salientaron no seu momento os organizadores.
Máis dunha ducia de centros de ensino de Ferrol e comarca secunadaron entón unha convocatoria na que foron seleccionados medio cento de traballos, dos que saíron os nomes dos gañadores.

Aberto o prazo para participar no II Certame Literario “Carmela Loureiro” dirixido a estudantes

Te puede interesar