Os participantes no obradoiro de verán se Sementeira pecharon o curso cunha actuación

Un momento da actuación celebrada onte no Auditorio municipal d.a.
|

Os 14 alumnos que nas dúas últimas semanas tomaron parte na quinta edición do Obradoiro de Verán da Asociación Cultural Musical Sementeira de Narón pecharon onte a actividade cunha actuación no Auditorio municipal.
Nenos de entre 4 e 16 anos amosaron así o aprendido durante unha actividade formativa desenvolvida arredor da temática de “O entroido dos animais”, baseándose a parte musical en pezas da obra orixinal “Le Carnaval des Animaux”, de Camille Saint-Saëns, e combinándoa con bailes e contos de autores galegos contemporáneos.
Foi o propio alumnado, coa axuda dos seus profesores, o encargado de acondicionar o escenario e de preparar tanto a actuación como o vestiario que luciron onte.
Cinco instrumentistas voluntarios da Xove Banda de Narón encargáronse da parte musical, centrándose os alumnos do curso nun amplo repertorio de cancións e sesións de baile nos que estiveron a traballar nas últimas dúas semanas.

deseño
Os monitores das clases fixéronse cargo do deseño do espectáculo e tamén da adaptación musical da peza a quinteto de vento, tal e como explicou o presidente da Asocación Cultural Musical Sementeira.
A devandita entidade mantén un convenio de colaboración co Padroado de Cultura de Narón para a realización de diferentes actividades e actuacións ao longo do ano.

Os participantes no obradoiro de verán se Sementeira pecharon o curso cunha actuación