Os campamentos urbanos renovan a súa oferta para cubrir tamén agosto

Os campamentos urbanos renovan a súa oferta para cubrir tamén agosto
Veronica Casal Visita Campamento en la Casa da Xuventude

Os campamentos de verán para os nenos segue a ser durante o mes de agosto unha boa maneira de ocupar o tempo de ocio dos rapaces e, ó mesmo tempo, compaxinar os seus horarios cos laborais. A Concellería de Xuventude mantén nestas datas a mesma oferta coa que comezaron as actividades estivais en xullo. Así, os nenos de entre tres e seis anos disfrutan co Baby Ocio, que se desenvolve na Casa da Xuventude e na praza 8 de Marzo se hai actividades exteriores. Son 40 prazas que se cubriron de seguida. Onte recibiron a visita da concelleira Verónica Casal, nun dos xogos que realizaban ó aire libre.
Paralelamente, e tamén no horario de 8.30 a 14.30 horas, desenvólvese Planeta Verán, xa para nenos de sete a doce anos, e no Centro Cultural Carvalho Calero e a praza do Inferniño.
Tamén se levan a cabo dous campamentos na zona rural, en colaboración coas asociacións de Esmelle e de Covas. Neles participan, segundo a información municipal, 90 nenos.
Outras apostas de asociacións tamén continuarán durante este mes, como o campamento de Doniños con Espacio Vivo ou o da Fundación Artabria coa colaboración da asociación veciñal de Santa Mariña do Vilar. n

Os campamentos urbanos renovan a súa oferta para cubrir tamén agosto

Te puede interesar