A asociación Lumen oferta imaxes de algúns dos mellores fotógrafos galegos

A asociación Lumen oferta imaxes de algúns dos mellores fotógrafos galegos
interior da improvisada galería da rúa da igrexa

Un curioso escaparate con gatos chineses pode verse no nº 14 da rúa da Igrexa. Alí, desde hoxe ás cinco ata o sábado, a asociación fotográfica Lumen organiza un novo fotoforum no que as persoas que o desexen poden adquirir ao prezo de 50 euros unha imaxe orixinal dun fotógrafo galego de prestixio.

Entre eles están varios ferroláns como Jorge Meis, Rocío Brage, Carolina Martínez, José Pardo, Eloy Taboada ou Ángel Manso. A improvisada galería, co escaparate decorado especialmente por Helga Fernández, acolle obras de 65 fotógrafos que fixeron traballos especiais para esta iniciativa, desde espidos ou paisaxes ata retratos, en cor e branco e negro sen limitacións temáticas. As persoas interesadas en adquirir algunha destas obras non saberán de quen é a obra ata que a merquen. Moitos dos artistas cederon as ganancias a entidades benéficas como a Cociña Económica. A galería pode visitarse hoxe entre as cinco e as nove da noite, mañá no mesmo horario e o sábado todo o día.

A asociación Lumen oferta imaxes de algúns dos mellores fotógrafos galegos

Te puede interesar