Ferrol recibe a Alonso Montero en su primer acto al frente de la RAG

Ferrol recibe a Alonso Montero en su primer acto al frente de la RAG
alonso, falando na imaxe, estivo acompañado por xosé maría dobarro, yolanda díaz e manuel bragado l.p.

“Estou cheo de felicidade por estar en Ferrol unha vez máis. Non o estou por ser presidente da Real Academia Galega hai 48 horas, senón por visitar esta cidade tan chea de vellas amizades”. Así  falou onte Xesús Alonso Montero na Feira do Libro de Ferrol, primeiro acto oficial ao que acode como presidente da RAG, aínda que fose para presentar un libro sen vinculación institucional de ningún tipo: “Castelao na Unión Soviética en 1938”. E diso falou moito e con entusiasmo xuvenil o vedraño profesor, de Castelao e de marxismo.
Presentado polo director de Edicións Xerais, Manuel Bragado; pola líder de EU Yolanda Díaz –“é a primeira vez que me presenta un libro unha deputada”, informou–, e polo profesor Xosé María Dobarro, todos eles o felicitaron polo seu nomeamento como novo presidente da Real Academia Galega e gabaron a documentación e o traballo incansable do profesor.

O profesor presentou o libro sobre a visita do pai do galeguismo á URSS en 1938 


Pola súa banda, Alonso Montero fixo unha presentación do seu libro levando a cabo unha reflexión sobre as simpatías de Castelao pola Unión Soviética –“aínda que Castelao nunca foi comunista nen marxista”, insistiu– trala viaxe que o líder do Partido Galeguista levou a cabo á URSS en 1938 como parte dunha embaixada do Goberno de Negrín. Alonso Montero destacou a documentación manexada neste traballo.

historia local
En canto ao resto da xornada hai que salientar as sinaturas de libros do investigador ferrolán Juan José Burgoa, de autoría propia ou en colaboración, como “Ferrol, la historia y los símbolos de la ciudad ilustrada”, “Inventario Heráldico de las comarcas del Eume y Ortegal”, etcétera. Así mesmo, a contacontos e actriz fenesa Paula Carballeira actuou co seu espectáculo para todas as idades “Contos para quitar os medos”. 

Ferrol recibe a Alonso Montero en su primer acto al frente de la RAG

Te puede interesar