Un xantar veciñal ocupará hoxe a rúa en Canido no peche dos Maios

Un xantar veciñal ocupará hoxe a rúa en Canido no peche dos Maios
Centro Cívico de Canido Certame escolar dos maios

A festa dos Maios de Canido botará hoxe o telón despois de cinco días de intensa actividade enfocada a todos os públicos e marcada tamén polo desenvolvemento de novidosas propostas. Unha delas terá lugar este mediodía, a partir 15.00 horas, e consistirá nunha comida veciñal que baixo o lema “Ocupa a rúa” convida a todos os interesados a sacar as mesas, manteis e cadeiras á rúa para compartir unha xornada de convivencia e diversión. Os grupos de comensais, que levarán as súas propias viandas, iranse colocando desde a Praza da Auga a partir das 13.00 horas para desde aí continuar pola rúa ata onde chegue o número de asistentes.
Con motivo desta comida na rúa, a Policía Local de Ferrol procederá a cortar ao tráfico as rúas Alegre, rúa Coruña (no tramo entre Alegre e Poeta Pérez Parallé), rúa Marola e Doutor Sixto Seco, desde a rúa Marola a Santos e rúa Estrela, desde Miramar.
Antes deste xantar, o barrio ferrolán será escenario, de novo, de diferentes actividades. A partir das 11.00 horas, Berros do Castro e Cabezudos ambientarán a zona-Ás 12.00 haberá obradoiros infantís no centro cívico, así como un concerto da Banda de Música Ferrolá na Praza da Auga, ao que seguirá, ás 13.00 horas, unha actuación de capoeira así como un “toldo solidario” na Tafona.
A sesión vermú (a partir das 14.00) na Praza do Cruceiro correrá a cargo de Superglú. Trala comida veciñal, será a quenda para os xogos populares e tradicionais (17.00 horas) e para unha sesión con Ferror DJ na Praza do Cruceiro a partir das seis da tarde, como peche definitivo ao programa. l

Un xantar veciñal ocupará hoxe a rúa en Canido no peche dos Maios

Te puede interesar