A Gala da Federación Galega terá lugar en Narón o catro de febreiro

  A Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno homenaxeará o sábado 4 de febreiro ás e aos mellores deportistas do ano 2011 nunha gala que se celebrará en Narón (17.00 horas no Auditorio Municipal).

En total premiaranse a uns cincuenta deportistas (triatletas e pentatletas), correspondentes as diferentes categorías (dende alevín ata veteráns 3) masculina e feminina, polos resultados acadados nos diferentes campionatos galegos oficiais, que ademais recollerán os premios económicos correspondentes.

Ademais destes premios, tamén haberá un recoñecemento para as promesas do tríatlon e do péntatlon, así coma aos mellores deportistas élite e o mellor club de tríatlon.

Para iso, un xurado composto por xornalistas e o director técnico da Federación elixirá entre as e os deportistas nomeados, entre os que se atopa Javier Gómez Noya, Iván Raña, Marta Jiménez ou Cristóbal Rodríguez Fidalgo. Tamén serán recoñecidas as institucións que apoiaron ao tríatlon, así coma pola organización do mellor evento deportivo.

 

Toma de tempos > Por outra banda, celebrouse nas instalacións do CGTD a toma de tempos 2012 pertencente ao primeiro cuadrante do Proxecto de Tecnificación Deportiva Nacional, destinado unicamente ás categorías junior e cadete.

Cada ano de categoría, leva asociado unha baremación en función da marca que realice en cada unha das probas citadas, obténdose desta forma, un ránking de puntuación xeral.

A Gala da Federación Galega terá lugar en Narón o catro de febreiro

Te puede interesar