A Escola Galega de Teatro Musical leva o vindeiro venres a Valdoviño a súa peza “O Candil”

A Escola Galega de Teatro Musical leva o vindeiro venres a Valdoviño a súa peza “O Candil”
Imaxe do musical

Un musical cen por cen galego.Así é, segundo salientan desde o Concello de Valdoviño, o espectáculo previsto para este venres, ás 20.30 horas, no auditorio da Casa da Cultura do municipio. A compañía Escola Galega de Teatro Musical achega esta obra arredor do cancioneiro galego.

A entrada será de balde, pero será preciso recoller invitación para poder asistir a función. Poderán ser retiradas desde hoxe e ata o venres na Casa da Cultura, en horario de 11.00 a 14.00 horas. Entregaranse un máximo de tres por persoa. A función, dirixida a un público adulto e que será desenvolvida seguindo un estrito protocolo de prevención fronte á Covid-19, conta co apoio da Deputación a través da Rede Cultural.

“O Candil” é unha comedia musical interactiva sobre tres mulleres moi diferentes, que buscan o propio ser ante un momento de confusión e cambio de mentalidade global. Carmen, Marica e Elvira son as protagonistas da peza.

A Escola Galega de Teatro Musical leva o vindeiro venres a Valdoviño a súa peza “O Candil”

Te puede interesar