A asociación O Castelo de Narahío cancela a edición deste ano do Festival do Río Castro

A asociación O Castelo de Narahío cancela a edición deste ano do Festival do Río Castro
Imaxe da edición do pasado ano do festival que se celebra en San Sadurniño | e.m.

Agardaron todo o posible para tomar a decisión final, por se nalgún momento “se lle vían trazas de mellora a esta situación que parou o mundo”, mais finalmente tiveron que anunciar, “con moita pena”, a cancelación da cita prevista para o 4 de xullo.

A Asociación Veciñal O Castelo de Narahío non celebrará este verán o Festival do Río Castro. “Para unha entidade veciñal pequena e con recursos limitados como a nosa, non é doado garantir as esixencias en vigor e, ademais, as incertezas que rodean a pandemia recomendan agardar a un mellor momento para celebrarmos a cita”, informaron.

Lamentan tamén que non se poida desenvolver a cita “pola xente que ten na cultura o seu medio de vida, sobre todo esa xente que a vive como un compromiso, non como un xeito de facer negocio a mans cheas”, din. O Festival do Río Castro, programado e pechado xa desde febreiro, ten previsto celebrar a vindeira edición coas mesmas actividades e grupos.

Con todo, a organización informa que o vindeiro día 4, “faremos un brinde virtual por todas e todos os que fixeron e farán posible que podamos seguir co noso/voso festival”.

A asociación O Castelo de Narahío cancela a edición deste ano do Festival do Río Castro

Te puede interesar