A Banda da Loba, Andrés Penabad e Xabier Díaz, na Feira do Grelo pontesa

A Banda da Loba, Andrés Penabad e Xabier Díaz, na Feira do Grelo pontesa
A ferrolá Xiana Lastra pon voz ao proxecto da Banda da Loba | daniel alexandre

O municipio das Pontes celebrará a vindeira fin de semana unha das tradicionais citas no calendario de cada ano. Trátase da Feira do Grelo, evento que chega á súa trixésimo novena edición cun programa muy intenso no que a música ocupará boa parte do protagonismo.

Así, ademais das melodías de rúa que tanto o sábado como o domingo contribuirán a animar o ambiente do pobo con formacións como Alfaia, Canavella, Os Feroces da Galgueira, No Cómbaro e os Trevillas, haberá concertos os dous días.


O primeiro deles terá lugar o sábado, ás 18.00 horas, da man da Banda da Loba, formación integrada por cinco mulleres cun repertorio propio baseado tanto en letras da súa autoría como en musicalizacións de poetas célebres.

Dúas horas máis tarde, ás 20.00, será a quenda para o acordeonista pontés Andrés Penabad e Banda, que interpretarán temas dos discos “Crossing” e “Bipolar”.
Birimbo Folk

Os dous desenvolveranse na carpa instalada na Praza de América, escenario no que o domingo actuarán, ás 12.00 horas, a Corral Poliafónica do Aturuxo de Melpómene –que versionan temas de hoxe e de onte con letras de creación propia–, e ás 13.30 horas, Birimbo Folk, grupo de música galega que mesturan os instrumentos galegos como a gaita ou a pandeireta coa batería e o baixo eléctrico, ofrecendo estilos como o jazz ou o rock, entre outros.


Como colofón do programa musical contarase, o domingo ás 18.30 horas, co grupo formado por Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, cita que neste caso terá como escenario o auditorio do Cine Alovi. Interpretarán temas do recoñecido disco “The Tambourine Man” e do novo LP “Noró”.

Exposicións
Xunto á música, durante os dous días haberá tamén espazo para outras actividades. Así, á Praza de América chegará a Feira Son de Campo, unha iniciativa itinerante promovida pola Federación de Mulleres Rurais Fademur con produtos autóctonos de alimentación, agasallos, cosmética, xoiería, etc, coa participación de produtos ponteses, tal e como se explica desde a organización.

No mesmo lugar poderá verse a III Mostra da Camelia, con diferentes variedades de pranta, así como a III Mostra da Federación de Razas Autóctonas de Galicia (Boaga) e Club de Raza Can de Palleiro, con presenza de cabra galega, porco celta, galiña de mos e ovella galega.


Feira
O domingo, o municipio pontés renderá tributo aos seus grelos cunha feira que dará comezo co concurso e exposición de cestas presentadas. Trala entrega de premios ás mesmas, haberá unha degustación –no patio do colexio Santa María– a base de sopa de cocido, cocido e sobremesa (haberá servizo de menú para levar). A exposición CONtornos, unha exbición de torneado de talla en madeira e outra do escultor Marcos Mariño completará o día.

A Banda da Loba, Andrés Penabad e Xabier Díaz, na Feira do Grelo pontesa

Te puede interesar