A II Asemblea, como tivemos ocasión de comprobar polas información aparecidas na prensa, tivo un desenvolvemento moito máis axitado que a primeira. Aínda que non houbo especiais disensións coas numerosas conclusións que se foron aprobando nas sesión, si houbo desacordos con determinadas decisión tomadas pola comisión reponsable do desenvolvemento da Asemblea. Tal como a de ter convidado aos exministros Leonardo Rodríguez e Juan Armada y Losada, Marqués de Figueroa, os que, como xa vimos, excusaron a súa asistencia.
Vimos como algún irmandiño, como o xornalista Salgado, afiliado á Irmandade de Santiago, manifestara a súa disconformidade co convite –“Escribí este artículejo para que se vea que aún perteneciendo a la ‘Irmandade da Fala’ de Santiago fuí el primero en no aprobar lo de la invitación a los dos exministros”, manifestaba no artigo “De la última Asamblea Nacionalista Gallega / La invitación a los exministros”, publicado no número do 14 de novembro de El Noticiero Gallego– porque non se entendía que podían aportar eses señores que desde os seus cargos defendían o caciquismo que os irmandiños combatían para liberar a Galicia dos seus males.
Se cadra, no fondo desas relacións pesasen algunhas consideracións particulares, que non políticas.
Había, non obstante, algunas cuestión que poderían xustificalas. “O que che prego con toda a alma ê que te lembres de falarlle de mín a Leonardo: ten corazón e sinte as nosas cousas e sei que si pode –debe de estar moi ben con Cambó– faraio por riba de todo”, dille Cabanillas a Enrique Peinador, en carta datada en Madrid a 24 de agosto de 1921, publicada por Xavier Iglesias (oslibrosdeanxelcasal.blogspot.com) ou “Oxe estiven con Leonardo que tiña carta tua. A miña impresión leial ê a de que si él me non sirve ninguén me botará unha man. Ê o soio home que, en Madrí, dame a sensación galega. Creio honradamente que sinte fondamente as nosas cousas e que ten a visión compreta da Terra nosa. Veréino todol-os días, – desque ô 12 que sairá para Galicia, – porque él mesmo me dixo que fose pol-o seu despacho. Coido que fará algo por mín […]Figueroa esquirbéume para que me apersoase con Prudencio Rovira: faréino mañán”, explícalle nesta outra –así mesmo, publicada por Iglesias- de 5 de setembro.
Un dos acordos da II Asemblea aos que a prensa dedicou a súa atención foi o da elección do Día de Galicia. Así, El Ideal Gallego, de 15 de novembro, publicaba o artigo “El Día de Galicia”, asinado co seudónimo Apolo Serdán, que comezaba manifestando “nuestra plena simpatía” por ter sinalado como data para “festejar ‘El Día de Galicia’ la solemnidad del Santo Apóstol, patrón de España”. E continuaba:
“Los aconfesionales, los neutros, los españoles que quieren una España que no sea España, sino caricatura de Francia o Inglaterra o de Mozambique, habrán visto con hondo disgusto la valerosa declaración de los nacionalistas gallegos-¿Cómo? A estas alturas, en siglo XX, imperando y zarizando en Rusia dos magníficos israelitas que han suprimido de un plumazo toda ceremonia religiosa, venirnos con la antigualla de colocar el nacionalismo gallego bajo la esclavina aconchada de Santiago?Precisamente; nunca, como ahora, es necesario afianzar los pilares antiguos de nuestra casona solariega. Las naciones, que estultamente liquidan sus principios tradicionales, ven con estupor liquidadas a la vez su prosperidad y aun su autonomía”. Non esquezamos que, nesa altura, o xornal herculino levaba o subtítulo de Diario católico, regionalista e independiente”.
Segundo o articulista, a “vera efigie” de España, baseada en tres rasgos, “religión, hidalguía, magnanimidad”, desparecerá por mor do centralismo. Había, pois, que reconstruíla “sacudiendo el hormigón reseco que enluciera –mejor diríamos, desluciera– su carácter regional”, cousa que xa andaban a facer Cataluña, País Vasco, Aragón, Castela, Andalucía e Galicia “ensangrentada y enlodada bajo el tacón de un caciquismo, el más despótico y grosero de la serie, tenía que sacudir también la modorra. Hela ya, de pie y haldas en cinta, deseosa de caminar. ¿Santo y seña? La seña: ‘¡Abajo el caciquismo!’. El santo, no podía ser otro: ’Santiago Apóstol’. El es compendio, suma y cifra de los ideales de Galicia, centrada histórica y topográficamente en Compostela”.
Apolo Serdan conclúe deixando ben clara a súa opinión de que “Galicia increyente, sería Galicia degenerada, Galicia descalificada, Galicia desnaturalizada” e, xa que logo, “Galicia, o no tiene día en los anales de la humanidad, o el día de Galicia es el día del Apóstol Santiago”.
Agardábase que a II Asemblea tivese como un dos temas centrais do debate o da participación electoral, tal como se reflicte na carta de 6 de agosto que Peña Novo lle enviou a Losada Diéguez –publicada por Xusto Beramedi e Roca Cendán en Lois Peña Novo. Obra Completa (1995)–: “Quirido amigo e irmán: eiqui na Cruña pensamos ir ás eleiciós de concexales; temos mentes de sacar dous ou tres pol-o menos; n-outros sitios de Galicia os afís a nós pensan facel-o mesmo; por iso pensamos en redactar unha especie de Manifesto-programa c-o pensamento dos nazonalistas respecto o que debe ser e ó que debese faguer nos Concellos de Galicia, así das cidades como das vilas e rurales. [...] Tamen pensamos que as eleiciós a diputados a Cortes se van botar encima e nós pensamos traballar canto poidamos; así como nas derradeiras non intervimos queremos facel-o eficazmente nas proisimas; pra iso, seguindo o teu pensamento da derradeira que me esquirbiches, compre unha Asambleia de todos, pra poñernos de acorde e pra orientarnos armónicamente; [...]”. Mais, se cadra para que non aboiasen enfrontamentos entre os partidarios e os contrarios á participación electoral inmediata, sobre este asunto, que semellaba urxente e fundamental para algúns, non houbo conclusión e, xa que logo, a decisión a tomar sobre a participación nas case inmediatas eleccións municipais ficou en mans de cada agrupación. A Irmandade da Coruña, tal como manifestaba Peña Novo na carta que acabamos de ver, xa decidirá participar, mais os seus dirixentes non conseguiron abrir un debate aberto co resto dos irmandiños encamiñado a constituirse nunha organización política artellada ao redor do proxecto nacionalista no que o falecido Porteiro Garea ou Viqueira comezaran a traballar. Non semella casual que este, Johan Viqueira Cortón, decidise publicar “O meu programa político” nas páxinas do número de 15 de decembro d’A Nosa Terra, o primeiro boletín aparecido após a II Asemblea e que, polo tanto, recollía na súa primeira plana as conclusións aprobadas en Santiago. O momento para dar ese paso político parecía apropiado. Os membros da Irmandade da Coruña eran conscientes de que, como grupo organizado que eran, tiñan presenza nos máis importantes foros socio-culturais coruñeses (Circo de Artesáns ou Casino Republicano) de que contaban coa simpatía e o apoio de sectores da masonería, da burguesía industrial e comercial –vese claramente nos anuncios do boletín A Nosa Terra–, así como de coñecidos e respectados profesionais de diferentes ramos: xornalistas, médicos, farmaceúticos, avogados...
Mais o debate –que, loxicamente, ía máis aló que o si ou non á participación política– non chegou a darse porque todos sabían que había un influínte sector conservador que non estaba disposto a participar nun proxecto de republicanismo laico, radical, progresista, esquerdista e conscientemente nacionalista. l