A sesión de fogos artificiais e a actuación de Coque Malla pechan as festas de Ferrol

A sesión de fogos artificiais e a actuación de Coque Malla pechan as festas de Ferrol
O artista Coque Malla poñerá o broche final ás festas | jorge meis

O programa das festas de verán de Ferrol concluirá hoxe cunha xornada na que a sesión de fogos de San Ramón e o cocerto de Coque Malla serán os pratos fortes. Antes, concretamente ás 12.30 horas, a Banda Ferrolá de Música ofrecerá o seu repertorio nunha cita que terá como escenario a praza de Amboaxe.
Pola noite, o espectáculo pirotécnico dará comezo ás 23.30 horas na Malata. Este ano, tal e como onte informou o concelleiro de Cultura Suso Basterrechea, haberá unha lixeira modificación no lugar desde a que se lanzarán os mesmos, xa que se fará na zona na que está ubicado o parque biosaludable do paseo da Malata. 
“É por unha cuestión que se ven repetindo nos últimos anos, que son as denuncias reincidentes do deterioro das palas dos eólicos que están agardando na zona do porto para ser transportados”, comentou. Esta modificación non interferirá na visibilidade desde os lugares desde os que habitualmente os veciños contemplan a sesión, como poden ser Canido ou A Malata, indicou.
A empresa encargada do espectáculo avanzou algunha sorpresa con respecto ao espectáculo do pasado ano. Serán empregadas 1.200 unidades de fogos e un total de 232 kilos de material pirotécnico. A exhibición durará uns 17 minutos.
Todas aquelas persoas que desexen ir aos fogos chegarán a tempo ao concerto co que o músico Coque Malla –que no cartel figura para ás 23.45 horas–pechará o programa de festas. “O concerto contará cuns teloneiros, Los Vagos, para que a xente que vaia aos fogos poida ir ao concerto de Coque Malla, que prevemos vai ser multitudinario”, explicou o concelleiro. Basterrechea salientou o éxito de público e de participación co que se están a desenvolver toda as actividades. l

A sesión de fogos artificiais e a actuación de Coque Malla pechan as festas de Ferrol

Te puede interesar