O barrio de Canido abre esta fin de semana as súas portas aos Maios para gozar dunha festa chea de propostas para todos os públicos. O programa, impulsado desde a AVV Veciñal coa coalboración de numerosas entidades, comezou onte cunha merenda interxeneracional na que mozos e maiores compartiron contos, historias e música.
A xornada de hoxe dará o pistoletazo de saída a media mañá co acto conxunto previsto polo IES Canido e o colexio Cruceiro de Canido, que se reunirán arredor das 12.00 hora na Praza do Cruceiro para cantar e musicar as composicións florais. Pola tarde, ás 16.00 horas, haberá un obradoiro de maios dirixido a todas as idades. Terá lugar no Centro Cívico, lugar no que ás 17.00 horas haberá unha charla coloquio para coñecer a radio libre e comunitaria. No Parque de Fenya, por su parte, estará ubicado o “Magomóbil” co Mago Antón, con espectáculos ás 17, 18 e 19 horas. O aforo é limitado e as entradas custan dous euros.
A música será a protagonista a partir das 19.00 horas co concerto de Brinkadelia Troupe –na Praza da Auga– para continuar ás 21.00 horas coa actuación de Alfeizar na Praza do Cruceiro.
Mañá
A xornada de mañá sábado arrancaá coa segunda edició do Mercado Popular de segunda man, artesanía e antigüedades que se prolongará ata o domingo en horario de 10.00 a 21.00 horas na Praza de Canido. O V Certame Literario Escolar “Inventa unha flor” (12.00 horas); a sesión vermú con Óscar Fojo e a súa banda na Praza da Auga (13.00) e outra ás 14.00 horas na Praza do Cruceiro a cargo de A Banda do Garaxe completarán a sesión matinal de mañá, xornada na que pola tarde haberá espazo para o I Torneo Opaí de fútbol (17.00 horas no pavillón do CEIP Cruceiro de Canido), a actuación do Paiaso Piruleta e compañía no Parque de Fenya (18.00 horas) e dous concertos máis para rematar o día, o de Dissect Mouses na Praza da Auga (19.00 horas) e o de Filophóbicas ás 21.00 horas na Praza do Cruceiro.
Domingo
O domingo continuará a festa con obradoiros infantís ou a feira das entidades, un encontro de presentación das asociacións que están a traballar no barrio, con actuacións e clases abertas.
O concerto da Banda de Música Ferrolá e a sesión vermú co músico ferrolán XeRoots, autor dunha canción en homenaxe ao barrio ferrolán, precederán ao xantar veciñal na rúa Alegre, desde a Praza do Cruceiro, ao longo da cal os veciños poderán instalar mesa e mantel para compartir as súas viandas nesta singular cita.