Baile de película en Barallobre para o proxecto audiovisual “Adriano sesión continua”

Baile de película en Barallobre para o proxecto audiovisual “Adriano sesión continua”
Cine adriano Barallobre proyecto fotográfico Lumen

Continúa adiante o proxecto fotográfico e audiovisual “Adriano sesión continua” por parte do colectivo Lumen centrado no vello cine da parroquia fenesa de Barallobre. A próxima actividade levarase a cabo o sábado 31 de xaneiro, cun baile de disfraces “de película” (con personaxes coñecidos da sétima arte) na Liga de Amigos de Barallobre. O grupo A culpa foi de Lolo animará a velada que comezará ás 23.00 horas. As entradas en venda anticipada custarán tres euros, incluíndo unha consumición. A recadación servirá para financiar o proxecto que pretende poñer en valor un edificio historico de Barallobre.

extras e "pecha kutcha"
Para mesma xornada do 31 un dos grupos participantes en “Adriano sesión continua” requeriu de cincuenta persoas para que se prestasen a figurar como extras nun audiovisual que se vai gravar no mesmo cine. O cupo dos figurantes cubriuse en poucas horas, despois do anuncio realizado na emisora municipal Radio Fene.
Un total de 20 fotógrafos e artistas de toda Galicia participan en “Adriano sesión continua”. Todos eles están a preparar os seus traballos audiovisuais que xiran arredor do cine inaugurado en Barallobre en 1947. O sábado 31, ademais do baile de disfraces, farán unha presentación inicial do seu proxecto no local da Liga de Amigos en formato breve, coñecido como “pecha kutcha”. Cada un deles disporá dunha fotografía e de trinta segundos para explicar en que consiste a súa participación nesta iniciativa.

Baile de película en Barallobre para o proxecto audiovisual “Adriano sesión continua”

Te puede interesar