Eliseo Fernández: “Cremos que a situación do Ateneo é reversible”

Eliseo Fernández: “Cremos que a situación do Ateneo é reversible”
Eliseo Fernández

Trala renuncia, o pasado martes a última hora, da profesora Ánxeles Seoane a encabezar a única candidatura que se presentaba para presidir o Ateneo Ferrolán, as augas non moi mansas na entidade volveron axitarse. Porén, semella que pode ser cuestión de semanas que a sociedade cultural conte cun equipo renovado, xa que todos os membros da súa candidatura manteñen a decisión de acceder a unha dirección que lidera o o investigador Eliseo Fernández.
A propósito dos acontecementos da pasada asemblea, Fernández comenta: “É certo que o luns a actual directiva nos presentou nunha reunión previa as contas, con débedas relacionadas con seguros sociais e gastos de persoal. Ánxeles veu as cifras, valorounas e pensou desde a súa situación personal que o estado non era bo e renunciou a continuar. O resto da candidatura pensamos que aínda que o estado económico non é o desexable tamén é certo que estamos convencidos de que si é reversible, polo que mantemos a candidatura a falta de ocupala con algunhas persoas máis”.
Así, ata o próximo luns volve abrirse o prazo de apertura de candidaturas para quen desexe levar a cabo un novo proxecto no Ateneo Ferrolán, cunha asemblea que decidirá definitivamente o seu resultado o próximo 10 de xaneiro. Comenta Fernández que “trala renuncia de Ánxeles nós quedamos sete persoas, cando o número mínimo na directiva ten que ser de oito, polo que non puidemos presentarnos o pasado martes. Desde xeito, de aquí ao luns trataremos de integrar no noso proxecto a unha ou varias persoas máis, algo que pensamos que non nos será moi difícil”.

futuro
En canto ao citado proxecto que agora lidera, o historiador semella telo claro. “Todo vai na mesma liña. Temos que facer un esforzo de dinamización da actividade dentro do Ateneo Ferrolán para volver implicar aos cidadáns. Con máis actividade é posible incrementar o número de socios e acadar un proxecto económico máis saneado. Teremos que ver como vai evolucionando a sociedade, pero tamén pensamos que a masa social debe implicarse máis na actividade. Cremos que a participación vai ser a clave do futuro”.

Eliseo Fernández: “Cremos que a situación do Ateneo é reversible”

Te puede interesar