NARÓN-“Incorporaremos un millón de metros cuadrados a Río do Pozo en dous anos”

NARÓN-“Incorporaremos un millón de metros cuadrados a Río do Pozo en dous anos”
o alcalde, xosé manuel blánco suárez, no seu despacho luis polo

O Concello de Narón está de aniversario. Hai 25 anos que a administración local tomou o acordo de promover a creación de chan industrial en Río do Pozo nun momento no que a reconversión naval estaba a levar por diante moitos postos de traballo na comarca. A diversificación industrial foi a opción pola que apostou o goberno naronés e, coa perspectiva dos anos e á vista da ocupación actual do polígono, se constatou que era a correcta. Arredor de 300 industrias distribúense sobre una superficie  superior ao millón e medio de metros cadrados. Co alcalde, Xosé Manuel Blanco Suárez, Diario de Ferrol lembrou as orixes de Río do Pozo e os proxectos de futuro que todavía existen para unha zona industrial que está entre as tres primeiras de Galicia pola súa extensión.

Que significou o desenvolvemento de Río do Pozo para a economía local?
O proxecto arrancou no ano 1985 da man do Plan Xeral de Ordenación Municipal. Ata entón, Narón viña desempeñando un papel de “barrio” da cidade de Ferrol. O salto cualitativo do concello veu determinado pola clasificación de tres millóns de metros cadrados entre as parroquias de Castro, San Mateo e O Val. Tamén xogou a prol do proxecto liderado polo Concello o respaldo que atopou na persoa que naqueles anos estaba á fronte da Sepes, Gonzalo Navarro. De feito, o seu nombre identifica unha das principais rúas do polígono, xunto á dedicada a Bernardo Romero. A este último haille que agradecer outro dos factores que máis teñen influído no de-senvolvemento inicial do polígono, que non foi outro que o de ter acadado que case o 90% do chan se conseguira por avinza, o que evitou recorrer á expropiación e freou o prezo do chan.     

Cabe entender que o esforzo do Concello de Narón tamén foi importante para contribuír á realización do proyecto. Cales foron os máis destacados?
Convencer do proxecto a persoas que non sabían onde estaba Narón, conseguir a implantación de grandes industrias, prezos asequibles e a implicación doutras administracións para financiar servizos na zona foron, sen dúbida, algúns dos esforzos realizados. Mais o éxito do polígono está nas súas comunicacións. Río do Pozo ten acceso á AP-9, a Transcantábrica e ao porto exterior de Ferrol. O que todavía necesita é a conexión por tren. E niso estamos.

A crise actual terá deixado tamén a súa pegada en Río do Pozo. Cantas empresas pecharon ata o de agora pola conxuntura económica?
Hai algunhas empresas que están baixo mínimos, sobre todo aquelas vencelladas ao sector naval. Porén, tamén cabe destacar que as grandes, como poden ser as do grupo Inditex, Megasider ou Lidl permanecen.

Malia os tempos tan pouco propicios para invertir, o Concello de Narón tramita xa a ampliación de Río do Pozo. Como marcha o asunto?
Dende o goberno municipal de Narón trabállase xa na ampliación do polígono de xeito que siga sendo atractivo de cara ao asentamento de grandes industrias. De dispormos de chan, proxectos como o dos chinos terían quedado na zona. A superficie que se prevé incorporar ascende a un millón de metros cadrados e as previsións do goberno naronés a respecto desta iniciativa pasan por facela real nun prazo máximo de dous anos.

Onde están os límites de Río do Pozo e cales son os proxectos que nesta altura poden ser o futuro do concello de Narón?
A administración naronesa mantén a súa intención de darlle saída aos 1,5 millóns de metros cadrados do parque mixto que comparte co concello de Valdoviño no lugar das Boeiras.  Neste caso trabállase coa idea de compartir usos, de xeito que a zona poida acoller hoteis e vivendas residenciais e tamén espazos dedicados exclusivamente ao ocio. Ademais, tratarase de reservar o maior número de metros cadrados posibles para zonas verdes e para facer do lugar unha referencia de entretemento da comarca e, por que non, tamén da Comunidade galega. De todos os xeitos, para levar á práctica todo isto cómpre que primeiramente muden as actuais circunstancias económicas.

NARÓN-“Incorporaremos un millón de metros cuadrados a Río do Pozo en dous anos”

Te puede interesar