Pepe Cunha e Guadi Galego, entre os gañadores dos Martín Códax

Pepe Cunha e Guadi Galego, entre os gañadores dos Martín Códax
Diario de Ferrol-2016-04-30-008-623575f9

A gala dos III Premios Martín Códax celebrada o xoves no Pazo da Cultura de Pontevedra deixou boas novas para a comarca de Ferrolterra. A artista cedeiresa Guadi Galego, na categoría de Canción de autor, e o responsable do portal Ábrete de Orellas, o ferrolán Pepe Cunha, no relativo a Espazos de Comunicación Musical, incluíronse na lista de gañadores duns galardóns promovidos pola Asociación de Músicos ao Vivo (MAV).
Un total de 448 proxectos (396 grupos, 16 salas, 22 festivais e 14 medios de comunicación) inscribíronse este ano nun certame no que 57 achegáronse á gala final. Guadi Galego chegaba a esta definitiva fase nomeada xunto a Uxía & Narf e Xoel López. Pepe Cunha, pola súa banda, figuraba na terna final xunto a GZ Música e Tres Peixes Voando.
Guadi Galego, cuxo segundo disco en solitario “Lúas de outubro e agosto” convertiuse en 2014 nun dos títulos de referencia no mercado discográfico galego, ten ás súas costas unha varieda e intensa traxectoria musical. Logo de ter sido a voz principal e gaiteira de Berrogüeto e fomar parte como intérprete e compositora de diferentes proxectos colectivos, “Benzón” supuxo en 2009 o seu primeiro traballo en solitario.
Pepe Cunha, pola súa banda, é o director do portal www.abretedeorellas.com, nado en 2003 e especializado en música e concertos en Galicia, prestando especial atención a artistas, salas e produtoras do país.
A súa axenda de concertos e crónicas esperta cada vez máis interese, contando co recoñecemento de máis d 15.000 visitantes únicos ao ano.

Pepe Cunha e Guadi Galego, entre os gañadores dos Martín Códax

Te puede interesar