“Ao son das letras”, unha cita para poñer en valor libros que teñen na música o eixe central

“Ao son das letras”, unha cita para poñer en valor libros que teñen na música o eixe central
Pepe Cunha

A recente publicación por parte de autores da zona de libros que unen o mundo musical e literario motivou a varios escritores e colectivos da cidade a organizar un encontro literario musical que, baixo o nome de “Ao son das letras”, terá lugar os vindeiros días 5 e 6 de outubro no Centro Cívico de Canido. “O feito de que catro melómanos e músicos veñan de publicar os seus libros en tan curto espazo de tempo e que estes orbiten ao redor da música é un fito insólito e excepcional que queremos celebrar con este evento”, salientan.

Os autores Pepe Cunha (“Guadi Galego. Pola beira da canción”); André Cerdido, Esther Raíndo e , Ana Fernández (“En Inédito Silencio. Poemas lanzados ao vento”); Fernando Fernández Rego (“Unhs historia da música en Galicia. 1952-2018”); Óscar Quant (“Bailando sobre el parqué”): Antón Cortizas (“O colo das palavras. Umha grainha de Semente”); e Javier Becerra (“Esto es pop!”) presentarán os seus traballos no decurso da cita.

Esta incluirá ademais un mercado de libros de discos no que instalarán os seus postos firmas como Ferror Records, CGTH Records, Librería Cantón 4, Edicións Embora e Discos La Bailadora, así como música en vivo con Willie&Winnie, SkyhookS e Óscar Fojo e Xente do Fatado do Colo.

Proxeccións, fotografía, unha mesa redonda cos autores e conferencias musicadas formarán parte tamén do novidoso programa previsto para o vindeiro mes no barrio ferrolán.

Punto de encontro

“Organizar unhas xornadas para a presentación destes libros é un pretexto para crear un punto de encontro entre autores e lectores nun contexto literario musical”, engaden os promotores do evento.

As publicacións en cuestión permitirá achegar ao público a “monográficos de músicas galegas cun pé na tradición e outro na vangard, completas recreacións da historia do pop-rock galego, conexións entre o deporte da canasta e a música en todas as súas variantes, poemas de autoría propia musicados e acompañados de fermosísimas ilustracións ou publicacións que tratan de formar canteira e animar a nenos e nenas a adentrarse no apaixoante mundo da música e a literatura”, salientan. A actriz Helga Méndez será a encargada de presentar o evento. l

“Ao son das letras”, unha cita para poñer en valor libros que teñen na música o eixe central

Te puede interesar