Inscricións para as sesións do ciclo “En galego, de película”

Inscricións para as sesións do ciclo “En galego, de película”
Jofre En Galego de película

Un ano máis, o cine converterase nunha excelente ferramenta para fomentar o emprego da lingua galega entre os escolares. O Concello de Ferrol, a través da área de Normalización Lingüística, e a Coordenadora de Equipas de Normalización Lingüística de Ferrolterra poñen en marcha o ciclo “En galego, de película”.
Os alumnos de Infantil, Primaria e Secundaria son os destinatarios dun programa cuxo prazo de inscrición rematará o vindeiro día 9. As tres sesións previstas desenvolveranse no teatro Jofre o día 14 e nos Dúplex o 15 e 16 deste mes de decembro.
Cada un dos días estará adicado a uns grupos concretos de idade e á película elixida para os mesmos. Abrirá o cartel a película “Maimiño e o espello máxico” (para Infantil e Primaria) que celebrará unha segunda sesión o día 16, para continuar o martes con “A Esmorga” (Bacharelato e ciclos formativos) e rematar o mércores 16 coa proxección de “Pradolongo” (ESO).

inscricións
Tal e como se informou desde o Concello ferrolán, para esta actividade foron convidados todos os centros de ensino público e concertados da comarca. A inscrición para reservar espazo e asistir aos pases pódesde realizar  ata o 9 de decembro por correo electrónico no enderezo gnl@ferrol.es ou ben no departamento de Normalización Lingüística (segundo andar do Concello, en horario de 8.30 a 14.00 horas de luns a venres). 
Pódese obter máis información no teléfono 981 94 40 00, extensión 202.

Inscricións para as sesións do ciclo “En galego, de película”

Te puede interesar