Cunha gran festa deuse por finalizado o programa Apego que durante os últimos meses ofreceu varios espectáculos en galego para o público infantil. A proposta desenvolvida onte no teatro Jofre tivo como protagonista a María Faltri e á súa banda, que fixeron gozar aos cativos co espectáculo “Fantasía coas palabras”. A música en directo e a acción teatral marcaron a cita.