O ferrolán Javier Gutiérrez e Luis Bermejo protagonizan mañá a comedia negra “El traje”

O ferrolán Javier Gutiérrez e Luis Bermejo protagonizan mañá a comedia negra “El traje”
imaxe promocional da obra que mañá se representa no jofre

A Jofre abrirá as portas na tarde de mañá ó teatro para recibir a un dos actores da cidade con maior repercusión, Javier Gutiérrez. Rostro coñecido polos seus papeis en televisión e cine, de-senvolve ademais unha intensa carreira teatral con compañías e dramaturgos que arriscan nos seus plantexamentos e están sempre pegados ós problemas humanos. Nesta ocasión chega acompañado polo actor Luis Bermejo, dando vida a un texto, “El traje”, escrito e dirixido por Juan Cavestany (Premio Max por “Urtain”).
Os dous encarnan a un vixiante de seguridade e a un home que acude a uns grandes almacéns a mercar un traxe, xusto no primeiro día de rebaixas, no que ademais houbo un accidente. “Pretende alertar, nun ton de comedia realista e atroz, sobre como a voracidade do sistema nos convirte en depredadores”, conta o autor.

O ferrolán Javier Gutiérrez e Luis Bermejo protagonizan mañá a comedia negra “El traje”

Te puede interesar