O Premio Torrente Ballester cumpre este ano o seu cuarto de século

O Premio Torrente Ballester cumpre este ano o seu cuarto de século
diego calvo, mariel padín -departamento de cultura- e ponte far observan os carteis dos premios

A Deputación da Coruña convocará en 2013 unha decena de premios culturais e lingüísticos, desde o veterano Torrente Ballester de Narrativa, que cumpre o seu cuarto de século, ata o máis recente Rosalía de Castro, en defensa do idioma galego e que, nesta quinta edición, terá por primeira vez dotación económica. O presidente da institución provincial, Diego Calvo, presentou todos estes galardóns, cos que se repartirán case 115.000 euros en premios e que, nalgúns, nutrirán parte da programación cultural da entidade.

O máis prestixioso é o XXV Premio Torrente Ballester, que está dotado con 25.000 euros e que ademais garante a publicación do libro. Con motivo da celebración das vodas de prata organizaranse varias actividades en parelelo á súa convocatoria. José Antonio Ponte Far, biógrafo e especialista na obra do escritor ferrolán, acompañou a Diego Calvo na presentación e falou da importancia deste premio literario. “Grandísimos autores, en moitas ocasións foron coñecidos a partires de gañar o Torrente”, afirmou, e outros “xa recoñecidos quixeron optar a el polo seu carácter serio e rigoroso”. Ponte Far, que é o único membro do xurado que participa neste premio desde a súa fundación, por expreso desexo de Torrente, fixo un percorrido por esta nómina de autores, entre os que figuran Manuel Rivas, Víctor Freixanes, Antonio Pereira, Ignacio Martínez de Pisón, Xosé Vázquez Pintor, Xesús Contela, Luisa Castro, José María Merino, José María Guelbenzu, Carlos González Reigosa ou Andrés Barba, entre outros.

 

os demais galardóns

A Deputación fixo públicas xa as bases do VIII Premio de Banda Deseñada Castelao, dotado con 6.500 euros, a edición da obra premiada e a posta en marcha dunha exposición itinerante polos concellos da provincia. O prazo para presentar orixinais rematará o 5 de abril.

Ó longo das vindeiras semanas daranse a coñecer as bases dos outros oito premios que se convocan este ano (non sempre é o mesmo número, pois varios deles son bienais). Así, fallarase o V Premio Rosalía de Castro, ó que por primeira vez se lle dá unha dotación económica, de 4.500 euros. Tamén chega á súa quinta edición o Concurso de Rock, no que se premian ós cinco primeiros clasificados, que despois participarán nun concerto organizado pola Deputación

Tamén se convoca o VIII Premio Jesús Núñez de Arte Gráfico, que ademais da dotación de 6.500 euros inclúe unha exposición no CIEC de Betanzos, mostra itinerante e unha bolsa para a matrícula do máster do CIEC. Ademais outorgaranse o IX Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil en galego, o IX Premio de Ensaio Manuel Murguía, o X Andrés Gaos de composición musical, o XIII Certame Isaac Díaz Pardo de artes plásticas e o XVI Rafael Dieste de teatro. Todos eles teñen unha recompensa de 6.500 euros.

 

O Premio Torrente Ballester cumpre este ano o seu cuarto de século

Te puede interesar