Sestayo propón que os inquilinos de Recimil se convirtan en propietarios

Sestayo propón que os inquilinos de Recimil se convirtan en propietarios
Imaxe do barrio l.p.

Os socialistas presentaron na mañá de onte o seu plan para o barrio de Recimil, que a semana pasada explicaban ós veciños nunha reunión na praza de Sevilla. Os eixes da súa proposta para a zona pasan por que os inquilinos se convirtan en propietarios e por reservar vivenda pública para novos e para persoas con problemas de acceso a un teito.
“Fronte ó abandono de catro anos de Recimil e ás repromesas en campaña electoral, nós presentamos compromisos solventes e ben estudiados sobre o que se vai facer”, comentou Beatriz Sestayo. Será unha “proposta prioritaria” que, se gobernan, comezarán a desenvolver xa en 2015 coa realización dun censo especial no que se fixe que persoas poderán ter a posibilidade de ficar coas súas casas en propiedade. Incluiranse ós arrendamentos históricos e outros sistemas “legais ou legalizables” nunha “decisión valente”, en palabras da candidata socialista á Alcaldía, que é “de xustiza social e de eficacia”. Os custes de pasar a ser propietario gardarán relación tamén cos anos que se leva habitando esas vivendas e pagando os correspondentes alugueiros.
A proposta do PSOE para o barrio reserva unha bolsa de vivendas públicas para os máis novos coa finalidade de “frear a emigración e fixar poboación” nunha zona “que non queremos que se convirta nun gueto”. Neste senso tamén se promoverá a utilización dos baixos comerciais “para o autoemprego”.
A terceira base do proxecto será a habilitación de pisos sociais para persoas en risco de exclusión pois “non pode haber vivendas baleiras e xente sen vivenda. Non se permitirá nun goberno que ten como prioridade ás persoas”, apuntou Sestayo.
O número catro da candidatura socialista, Bruno Díaz, interviu tamén na rolda de prensa na Casa do Pobo para denunciar “que o goberno do Partido Popular non fixo nada en catro anos, perdidos nunha cidade que non ten un segundo que perder”. Calificounos de “vagos e incompetentes” e de que só “pensan nunha solución provisional” cando “desaparecen as posibilidades de facer negocio” cun “pelotazo urbanístico a curto prazo”.
Desde o PSOE recoméndanlle ademais ós veciños que non se desprendan dos documentos de arrendamento nin renuncien á titularidade. Din que na reunión da semana pasada estaban alarmados porque se lles estaba a pedir desde o Concello.

Sestayo propón que os inquilinos de Recimil se convirtan en propietarios

Te puede interesar