lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

“Teño coñecido a moita xente despois de iren aos seus enterros”

Diario de Ferrol-9999-99-99-999-850268fe

Mariñeiro mercante, percebeiro, actor, escritor e guionista. Todas estas facetas caben no corpo e a mente de Suso Lista (Corme, 1962) que hoxe ás 19.00 horas presenta na libraría Day da Gándara, en Narón, o seu primeiro libro “Salseiros” (Editorial Embora), acompañado polo debuxante Xaquín Marín.     

¿Como definiría “Salseiros”, o seu primeiro libro?
Son textos de hai case unha década que fun metendo no meu blog e que agora vén a luz como libro. Trátase de crónicas breves de sucesos e personaxes que teñen como punto de partida Corme, pero que poderían ter sucedido en calquer parte de Galicia ou do mundo porque en realidade falo dun estado mental. É unha selección de textos, pero hai bastantes máis. De feito a miña idea é a de continuar publicándoos.

Vostede fixo de todo nesta vida. ¿Como se sente escribindo?
Paseino realmente ben. Como non tiña ordenador nin internet, ía ao da AVV de Corme. Comezaba a escribir despois de ir ao mar e de asistir a clase de teatro na Coruña. Ás veces só media hora porque a AVV xa pechaba, pero a sensación de felicidade era enorme. Eu mesmo gozaba e partíame da risa. Logo xente como Manuel Lourenzo, que me daba clase, e outros, animábanme e lles fixen caso.

As historias teñen un aire a Cunqueiro. Dixéronllo?
Si, pero curiosamente –confeso o pecado–, eu aínda non lera a Cunqueiro. O primeiro foi “As crónicas do Sochantre” e quedei fascinado. Pareceume un xenio. Eu son un lector compulsivo pero tardío. Cando ía embarcado, no mar hai moitas horas mortas, lía as novelas de Estefanía. Pero a medida que les, tamén seleccionas e tratas de non perder o tempo, vas aos clásicos: Pessoa, Proust, Voltaire...

Que temas lle interesan?
Eu son da chamada Costa da Morte, pero falo da vida. En realidade aquí hai moita vitalidade e moito sentido do humor. Aínda así aquí é certo que a xente fala moito da morte e os enterros son o acto social máis importante. Eu mesmo coñecín a moita xente a partir dos seus enterros, que en vida non os coñecera, o cal non deixa de seren un pouco triste, non si?

Está contento coa recepción que está a ter “Salseiros?
Estou alucionado. O libro, que leva un prólogo de Alfredo Conde, presentoumo xente como Manuel Rivas, Gustavo Pernas ou Manuel Lourenzo.

Algunha anécdota?
A mellor foron tres persoas en tres sitios distintos que me dixeron que nunca leran en galego e que “Salseiros” o remataran dun tirón e pasárano moi ben.

Vostede foi actor e guionista da serie “Para mariñeiros nós”. Como vai esa faceta?
Rematada a serie, Omar Rabuñal, o director, e mais eu mandamos á TVG varios proxectos. E a ver se funciona algún.

“Teño coñecido a moita xente despois de iren aos seus enterros”

Te puede interesar