A eumesa Miriam Rodríguez, que se alzou coa terceira posición na última edición do concurso televisivo de Operación Triunfo, ten xa as súas primeiras datas fixada para as firmas que protagonizará en cidades como Madrid, Santiago ou Vigo
Tamén estará en Ferrol, concretamente o vindeiro 20 de marzo, para compartir unhas horas con todos os seguidores que desexen achegarse ás instalacións do establecemento Media Markt de Ferrol, onde terá lugar a cita entre as 17.30 e 19.30 horas.
Alí asinará a revista na que Miriam fala do seu día a día, así como das mellores experiencias vividas na academia do concurso na que durante tres meses conviviu cos restantes compañeiros. Asinará así mesmo o cedé no que se inclúen as preto de vinte cancións interpretadas no seu paso polo certame televisivo.
Hai unhas semanas, a eumesa recibiu unha calorosa acollida por parte dos seus veciños nun municipio que se volcou con ela durante a súa presenza no “talent show”. l