Pablo Carpintero recibe a Gaita de Ouro do concurso Constantino Bellón

Pablo Carpintero recibe a Gaita de Ouro do concurso Constantino Bellón
pablo carpintero, durante unha charla dentro das conferencias ted na sãºa versiã³n en galicia

A final da vixésimo primeira edición do concurso de composición e gaita galega Constantino Bellón celebrarase o sábado 31 de agosto, a partir das oito da tarde, no teatro Jofre. Sábense xa os finalistas e o Ateneo Ferrolán, entidade organizadora deste veterán certame, deu tamén a coñecer o nome de quen recibirá unha homenaxe polo traballo levado adiante en defensa e difusión da música galega. Esta Gaita de Ouro irá para ás mans de Pablo Carpintero, xa que a xunta directiva do Ateneo quixo valorar a “labor desenvolvida como gaiteiro, investigador e artesán”.
Carpintero naceu en Carballedo (Lugo) en 1969 e toca a gaita desde os oito anos. É doutor en Ciencias Biolóxicas e na Universidade de Santiago tamén obtivo o Diploma de Estudos Avanzados en Musicoloxía. Desde hai máis de vinte anos estuda e difunde os nosos intrumentos tradicionais, con traballos de campo non só en Galicia, senón tamén en Asturias, Portugal e o Bierzo. Na investigación “Os instrumentos musicais na tradición galega” reflicte máis de 150 destas creacións. Ademais, como músico, editou discos cos grupos Ultreia ou A requinta de Xián.
O seu amplo currículo inclúe ademais a colaboración no programa da Radio Galega “Lume na palleira” ou no televisivo “Luar”, así como o seu nomeamento como membro do comité da Unesco que avalía as candidaturas a Patrimonio Cultural Inmaterial da Humanidade. Dedícase á fabricación de gaitas de fol, percusión, requintas e frautas no obradoiro que ten en Santiago de Compostela, con especial interese polas gaitas antigas e pola reproducción dos seus sons orixinais. n

 

Pablo Carpintero recibe a Gaita de Ouro do concurso Constantino Bellón

Te puede interesar