Chema Hernández será o candidato da Marea Ártabra

Chema Hernández será o candidato da Marea Ártabra
Mesa votación en el local de Marea Ártabra

A Marea Ártabra xa ten candidato á Alcaldía de Ferrol. Trátase de José María Hernández Roca, quen se impuxo nun proceso de Primarias que se desenvolveu durante toda a xornada nun local habilitado no barrio da Magdalena. Hernández recibiu 163 puntos mediante un sistema ponderado no que se podía puntuar por orde de preferencia, do un ó tres. Lucía Vizoso, con 150, e Ismael González, con 135, situáronse a continuación; mentres que Begoña Hermida obtivo 77 puntos.
Os votantes elixiron o candidato a encabezar a lista, ós que o acompañarán e tamén a orde na que se ubicarán as trece persoas que concorreron ás Primarias. O resto da lista, ata os 25 e suplentes, designaraos a Marea. Os resultados completos coñeceranse oficialmente esta mañá e serán ratificados nunha asamblea xeral convocada para o mércores 25 no Carvalho Calero.
Chema Hernández é empregado público na administración autonómica e ten unha presenza activa no tecido asociativo, como membro da comisión de medio ambiente na AVV de Recimil e opositor ó tanque de tormentas no parque Pablo Iglesias.

Chema Hernández será o candidato da Marea Ártabra

Te puede interesar