Superglú, Tachenco, La Bien Querida y Airbag, en concerto esta noite no Campus de Ferrol

O Campus de Ferrol converterase esta noite no escenario de celebración do festival musical “Festeiro”, iniciativa coa que o Concello de Ferrol quere dar a benvida aos estudantes universitarios pero que está aberto á cidadanía en xeral.

Con entrada totalmente de balde, a cita dará comezo a partir das 21.30 horas e incluirá a actuación de catro grupos. Serán os ferroláns Superglú os encargados de inaugurar o cartel, que continuará con Tachenko (22.30 horas), La Bien Querida (00.00 horas) e Airbag (01.30).

O primeiro dos grupos, actualmente inmersos na presentación do seu primeiro EP de estudo, achegará ao público o seu indie pop.

La Bien Querida encargarase de poñer o colofón á cita. O proxecto liderado por Ana Fernández-Villaverde, que ten actuado nalgúns dos máis importantes festivais a nivel estatal, fará gozar aos asistentes coas súas fermosas letras e as súas directas melodías.

A asociación Asfedro tamén estará presente no festival desta noite co seu programa “Infodrogas”, unha iniciativa socioeducativa baseada na redución de riscos no consumo de substancias en contextos recreativos. A maiores disporá dun servizo de “testing” para identificar o principio activo.

Superglú, Tachenco, La Bien Querida y Airbag, en concerto esta noite no Campus de Ferrol

Te puede interesar