A Panadaría leva a súa obra “Elisa e Marcela” ao auditorio do cine Alovi de As Pontes

A Panadaría leva a súa obra “Elisa e Marcela” ao auditorio do cine Alovi de As Pontes
Diario de Ferrol-9999-99-99-999-45d08561

No ano 1901, na Coruña, dúas mulleres casan na Igrexa de San Xurxo. Unha delas faino vestida de home. A súa foi unha historia de persecucións, fuxidas en dilixencia, cambios de identidade e informacións manipuladas. As cómicas do grupo A Panadaría presentan no seu espectáculo unha “reconstrución irreverente” dun suceso real. Unha comedia musical “onde o verídico parece invento”. 

A historia de Elisa e Marcela, unha “historia de amor a contratempo”, poderá verse esta tarde sobre as táboas do auditorio do cine Alovi.

Alí dará comezo, ás 21.00 horas, unha obra de teatro dirixida ao público xuvenil e adulto e duns oitenta minutos de duración.

As entradas están á venda en wwwtickentradas.como e na taquilla do Auditorio de 12 a 14 horas e unha hora antes da función.

A obra conta xa con catro premios María Casares en 2018 –ao mellor espectáculo, dirección, texto orixinal e actriz protagonista– así como dous premios do público no MIT Ribadavia e no Fetega de Carballiño. Acadaron tamén sendos galardóns do colectivo LGTB e outro de igualdade. A obra está incluída no convenio de colaboración entre o Agadic e o Concello das Pontes na rede de teatros e auditorios.

A Panadaría leva a súa obra “Elisa e Marcela” ao auditorio do cine Alovi de As Pontes

Te puede interesar