anxo ferreiro currás

Curas na cadea

Houbo bispos que non firmaron a carta da defensa do golpe militar e da guerra como cruzada.

A romaxe de Arzúa

Mais a Romaxe seguiu “relendo en “aberto” as parábolas revolucionarias do Evanxeo”.Na celebración eucarística de Arzúa compartimos a inquedanza problemática de Galiza e do mundo: coa denuncia dos recortes neste tempo de pandemia veuse a importancia da Sanidade Pública; a denuncia da aporofobia, rexeitamento do pobre, o desprezo das persoas emigrantes pobres; neste intre, escoitamos emocionados a testemuña da peruana María co seu home enfermo e tres fillos, sen papeis en A Coruña; a denuncia do abuso dos eólicos a maior densidade de aeroxeneradores por km2 en Europa; Galiza resulta unha colonia apetitosa das grandes multinacionais coas celulosas (eucalictais), as centrais hidroeléctricas, minaría, con pouco ou negativo proveito para Galiza; o movemento “Acampa pola Paz e o Dereito ao Refuxio” denuncia a mutación da outra pandemia do fascismo, da intolerancia, do odio, do medo, que nos leva a renunciar na loita polos nosos dereitos”; tamén escoitamos a lectura da carta que nos mandou un preso, “...De entre todos os excluídos, Cristo decide passar á historia como un condenado á morte, e umha parte importante do Novo Testamento foi escrito no cárcere por pessoas que daquela eram considerados delinquentes...