Patochadas

cativería dos tempos da miña infancia andabamos xurando a todas as horas. Cando alguén poñia en dúbida algo que dixeramos xa aparecía un “Te lo juro”, xeralmente reforzado cun “por Dios”, “por mi madre” –non sabería dicir cal deles tiña máis peso, aínda que case me inclino polo segundo– ou por outras persoas ou cousas de menor entidade. 
Tamén se prometía, aínda que creo que bastante menos, se cadra por crermos que daba menos credibilidade aos feitos. A vida era así e para algunha xente parece seguilo sendo. Hai quen entende máis solemne o xuramento, cando a promesa vén sendo o mesmo. Iso si, as promesas  non precisan de testemuñas, reais ou inventadas, ningunhas. 
Lembraba isto antonte, mentres vía na televisión a información do acto –mero trámite– da toma de posesión de deputados e senadores. O pobo xa os elixira e a Xunta Electoral xa os proclamara candidatos e candidatas por non estaren incursas en ningunha causa de inelexibilidade ou incompatibilidade. Por iso, paréceme ocioso que haxa quen perda o tempo en absurdas polémicas sobre as fórmulas de xurar ou prometer. Polo que vin, sen excepción, xuraron e prometeron. Así que, a outra cousa máis produtiva.

Patochadas

Te puede interesar