Moito queda por aprender

O pasado domingo, como fago todos os fins de semana en que xoga na casa o Deportivo, fun ver o partido de Riazor. Ía certo frío, que disimulaba, en parte, o xa morno sol da tardiña. Había ben anos que non vía xogar o Lugo nun campo. A última vez, e diso xa choveu, fora no vello Inferniño, cando aínda era neno. Dese tempo, nunca esquecín aqueles catro goles -tres de Bolita- que nos metera no Manuel Rivera, para nos tirar a esperanza de quedar primeiros. Pola tele si vira -e con delectación- algún partido dos anos de Setién e debo dicir que este Lugo non se lle parece en nada. Chegou a non perder e cun 0-0, sen maior merecemento, marchou. O Deportivo puido gañar, mais a falta de sorte e as intervencións do porteiro -que tamén xoga- non o permitiron. Cando as ocasións son contadas adoitan pasar esas cousas. Pero ascenderá, dimo o corazón.  Era derbi galego –non o máis clásico, nin no cumio, certo– e nalgo se tería que notar. Así, nos prolegómenos comezou a soar o himno. Mais, para a miña descomunal sorpresa, boa parte dos 21 mil e pico espectadores permaneceu sentada. Sorprendente. Non son moito de himnos, pero...

Moito queda por aprender

Te puede interesar