Maneiras

É máis que seguro que a totalidade dos lectores destas liñas lembran perfectamente a demisión de Karl Theodor zu Guttemberg do seu cargo de ministro de Defensa dun dos gobernos da chancelera Angela Merkel. O mes de febreiro de 2011 tocaba a seu fin cando o xove ministro -moi probablemente o máis valorado daquel executivo- renunciaba após as acusacións de ter plaxiado parte da súa tese de doutoramento. Dado que se trataba dunha decisión insólita por estes nosos lares, aplaudín con forza ese seu nobre xesto e facendo votos para que os nosos políticos tomasen boa nota e, en aras dun xogo democrático ben limpo, imitasen ese xesto se houber lugar. Daquela a hoxe houbo entre nós oportunidades variadas para decidir demitir dese xeito rápido e valente, pero non houbo tal. Quen demitiu fíxoo tarde, mal e de modo vergoñento. Houbo que agardar a que, hai un par de días, Carmen Morón -impelida ou non- renunciase ao ministerio de Sanidade como o hai que facer: xa. Se se trata dun síntoma de debilidade do goberno, como di o PP, eu querería sempre gobernos débiles. Malia que o PSOE nunca foi a miña opción política.

Maneiras

Te puede interesar