Fuxidas cara adiante

Non tiña pensado volver escribir nesta columna sobre as flagrantes mentiras con que a señora Cifuentes -alto cargo do PP, non o esquezamos- nos foi obsequiando a medida que se facían públicas novidades sobre o máster que, máis que supostamente, nunca realizou. Mais o martes, despois dunha conversa en Santiago cun catedrático de Dereito, vello amigo ademais de colega, pensei que se fai precisa a insistencia nos asuntos turbios. Que dona Cristina ten un título, ao que agora dixo que renuncia, é unha evidencia. Xa que logo. haberá que preguntarse por que fai iso? Se todo obedecía a simples erros burocráticos, como millentas veces dixeron, ela e a cúpula do PP, o normal sería emendalos e xa. Titulación en regra. Mais, como a dura realidade di que a historia dos supostos fallos non se sostén, buscaron como mellor saída esa da renuncia e que non se fale máis do asunto. E iso é, xustamente, o que, de ningunha das maneiras, pode pasar. E non queda outra que seguir insistindo en que houbo intentos varios de enganar e iso non pode quedar impune.

Fuxidas cara adiante

Te puede interesar