Fin dun ciclo

Había anos que non acudía a actos académicos. Non por nada en particular, senón porque cadrou así. Mais antonte non podía deixar de estar no paraninfo da Universidade da Coruña. A institución, á que pertenzo como profesor honorario, impúñalle a súa Medalla de Ouro ao profesor doutor Xosé Luís Armesto, moi caro colega e amigo, sen dúbida, o mellor que fixen no mundo universitario. Estimo que a nosa Universidade honra con ese recoñecemento ao seu exreitor, ao tempo que se honra a si mesma ao lle outorgar a distinción a quen sobradamente a merece. Seino ben polos moitos anos de convivencia profesional. Coñecémonos no curso 1975-76, cando comezamos a nosa andaina profesoral no Colexio Universitario da Coruña, el xa como doutor e eu realizando a tese. Ao pouco morreu o ditador e na Universidade tamén se facía preciso acometer profundos cambios. E en moitas das frontes desa loita permanente -que chega a hoxe e terá que continuar- a prol dunha universidade pública e de calidade sempre estivo Xosé Luís Armesto: como docente, investigador, director do Colexio Universitario, decano da Facultade de Ciencias, claustral, delegado sindical, vicerreitor ou reitor. Impagable traballo. Nada que ver co visto nestes últimos meses.
 

Fin dun ciclo

Te puede interesar