viernes 7/8/20

Do río Xuvia

Preocupa a súa saúde. A principio da primavera sufriu uns vertidos que provocaron a morte de numerosas troitas. É certo que o alcalde de San Sadurniño e a alcaldesa de Moeche manifestaron a súa preocupación e interese polo acontecido. Porén, a opinión pública segue sen saber se se identificou a orixe dos vertidos e que medidas se tomaron para evitar outros. E que até hai uns días o Xuvia baixara revolto, sen que houber factor natural que o explicara, aumentou a preocupación daqueles que ollamos o(s) rio(s) como un patrimonio herdado dos nosos pais. 

Se callar, os concellos que o acariñan, deberían colocar na axenda para estes catro anos de mandato o de lles deixar aos novos un Xuvia cheo de vida. Porque, ou os gobernos ribeiraos planifican entre todos ou morre... 

Brincadeiras de pícaro nos cumes dos Montes da Serra , acouga devagar na Presa do Rei. E,remoendo, abrindo camiño entrégase ao mar.

Comentarios