Sen alternativas

Ás veces, con demasiada frecuencia, as decisións das organizacións  políticas son difíciles de entender. Así acontece coa tomada polo PP de non asistir á “mesa de traballo pola reindustrialización” impulsada polo alcalde Ferrol e na que estiveron representados os concellos ( agás os gobernados polo Pp), centrais sindicais e empresariais. 
Certamente, poñer o foco do fracaso de experiencias anteriores no PSOE ( que é evidente) para  xustificar o seu absentismo non logra ocultar as responsabilidades de gobernos do PP en Madrid, en Compostela e nos concellos da comarca e reflicte unha imaxe dun partido esgotado e illado da realidade. E, por outro lado, esa negativa a dialogar, non soluciona nada nin abre portas á esperanza. 
En calquera caso, a decisión de ficar á marxe dese foro parece indicar que asumen a súa falla de interlocución e de alternativas para unha problemática que se ven arrastrando desde hai moitos anos. 

Sen alternativas

Te puede interesar