Pobreza e mendicidade

s que xa temos certa idade recordamos perfectamente a aqueles pobres que viñan a pedir polas casas. Chamaban: ¿quen é? ¡ o pobre!,  ese que un día cada semana se deixaba ver cargado co saco onde levaba as costas toda a súa vida. Hoxe esa imaxe practicamente desapareceu porque a pobreza foise mimetizando co tempo, tanto que poderíamos dicir que un mendigo si é un pobre pero un pobre non ten por qué ser mendigo. 
Hai, respecto á mendicidade, moita lenda urbana coma a que agora mesmo me ven á memoria daquela mulleriña pedindo esmola na rúa Rubine de A Coruña cunha bandexiña de prata cuberta de encaixe de Camariñas e da que dicían andaba ateigada de cartos con conta corrente e todo. 
De ser certa esta historia habería que encadrala dentro dun problema mental da protagonista.  Hai quen opina tamén que esta xente “pedichona” na rúa en condicións extremas debera acudir a Cáritas e alí daríanlle comida, roupa e ata hospedaxe. Cáritas é unha meritoria institución pero “per se” non soluciona o problema da pobreza. Tamén hai xente que opina que detrás da mendicidade na rúa hai negocio de mafias que de ser certo é imperdoable que se consinta desde a institución do Estado. Resulta un paradoxo, ¿verdade? que nun país rico existan pobres pero así é, como tamén é certo que en plena crisis económica aumentaron en miles os millonarios no noso pais, millonarios que a maioría non contribúen cos seus impostos a mellorar a situación dos menos favorecidos aumentados en maior proporción. 
Xa que logo a solución ou acaso a mitigación deste sério problema habería que buscala na política, nesa política que andara na procura de que cada cidadán contribúa segundo as súas posibilidades, que os que máis perciben máis paguen. Si, sei que pagar impostos amola bastante sobre todo os abonados por igual, plebe e millonarios. 
Se todas as grandes fortunas pagasen os impostos que por lei lles corresponden, os servizos básicos que un estado de benestar debe garantir estarian asegurados pero, claro, as grandes fortunas fánse a base de rabuñar nos menos afortunados e polo que se ve as intencións non van pola proporcionalidade xa que o poder financieiro ten collidos pola entreperna á maioría dos partidos políticos, un estigma marca da esclavitude á que están sometidos. Así as cousas, non vexo que, resoltas as dúbidas respecto do goberno que se forme logo destas eleccións, este problema mellore e xa que logo seguirá habendo pobres con salario(¿?) e mesmo máis mendigos pola rúa.

Pobreza e mendicidade

Te puede interesar